PROXECTO ABALAR E E-DIXGAL.

Na segunda clase que tivemos estivemos analizando a implantación destes dous proxecto e a implantación de ambos, como o proxecto e-dixgal é posterior ao abalar, comezarei falando deste último.

O proxecto Abalar surxe no ano 2009 dentro do marco do Plan E, o programa “Escuela 2.0”, tratábase dun proxecto que respondía a necesidade que había dende a administración de proporcionarles un equipamento e tecnoloxías ao ámbito educativo. Con este proxecto asignase un equipo informático a cada alumno.

Este proxecto deixa de aumentarse en centros a partires do curso 12/13, os centros que estaban dentro deste proxecto poden seguir mantendo os diferentes equipos.

O equipamento tecnolóxico que se lle otorga ós centros non pode saír destes, contradicindo así ao principio de equidade que se leva a cabo no OLPC (One Laptop per Child), tampouco iría destinado a todos os cursos do sistema educativo, tan só a 5º e 6º de Educación Primaria e a 1º e 2º de Educación Secundaria. A parte de todo isto, este proxecto so se levaría a cabo en centros que cumpliran unha serie de requisitos, converténdose así nun proxecto excluínte.

O proxecto E-DIXGAL, aparece no curso 14/15 e con carácter experimental. Este proxecto busca que se fomente o emprego das aulas abalar mediante a disposición ós centros dunha plataforma virtual de aprendizaxe a través de libros dixitais. Ao igual que Abalar, parte de idea de un ordenador para cada neno ca substitución los libros de texto por libros dixitais escollidos pola administración, os cales serían Netex e Edebé. Isto, quítalle autonomía ao profesorado e escolas.

Estes dous proxectos fomentar o aumento da coñecida brecha dixital. Por que? Pois pola distribución destes por toda Galicia que podemos observar tanto nos mapas como nas gráficas que atopamos en Prensencia del libro de texto en Galicia: una mirada estadística-geográfica del proyecto E-Dixgal, vemos que as provincias máis beneficiadas son tanto A Coruña como Pontevedra, xa que a administración creu que os centros de estas ditas provincias eran máis propicios para levar a cabo os proxectos que os centros de Ourense ou Lugo. A parte disto, tamén podemos observar que os centros concertados co proxecto Abalar se beneficiaban tamén máis, polo cal poderíamos falar dunha brecha dixital en diferentes motivos, xeográfico e por tipo de centro tamén.

A partires destes dous proxectos tal encontrámonos con diferentes tipos de centros en Galicia: centros Abalar, centros E-Dixgal, centros que teñen proxector e pc por aula e incluso centros que non todas as aulas poden contar con isto.

A modo de conclusión penso que hai certos puntos do proxecto abalar que poden resultar moi interesantes, como é a implementación de un ordenador por alumno pero sempre respectando a equidade, e si se levara a cabo en todos os centros, pero isto, ca situación económica do país resulta imposible polo alto custo disto.

En canto ao E-Dixgal, creo que trataron de buscar un tipo de ensino máis innovador ao relacionado co dixital polo feito de substituír os libros de texto polos dixitais, e isto é pola mala concepción que temos da competencialidade dixital, cremos que por estar empregando as novas tecnoloxías no ensino fomentamos e agrandamos a competencia dixital pero a realidade é que non aproveitamos así tales recursos se non que se segue levando a cabo a mesma ensinanza tradicional pero a través das novas tecnoloxías.