POSTA EN COMÚN AUTOBIOGRAFÍA.

 

en esta clase tratamos as nosas experiencias dende os nosos comezos na escola ata agora a través dunha posta en común, nun primeiro lugar por parellas e logo, unha posta común entre todos.

A maioría de nos tivemos experiencias bastante similares posto que a maioría temos idades moi cercanas. Onde máis coincidencias se poden atopar é na educación primaria posto que as tics que se empregan son poucas, normalmente vídeos, radiocasetes e pouco máis. Eu por exemplo durante a miña educación primaria tiven algún contacto cos pcs pero a través de actividades extraescolares onde a maior parte do tempo o adicábamos á mecanografía polo que non lle sacabamos todo o proveito que deberíamos as novas tecnoloxías por aquel entonces.

Todos experimentamos un maior contacto cas tic durante a educación secundaria, a través de materias como podían ser “Informática” ou “TIC”, aquí aínda que as experiencias son bastante semellantes xa se separán máis unhas doutras.

Eu no meu caso durante a educación secundaria a parte de traballar con word, excel e powerpoint, que é algo básico que a maioría tratan, puiden traballar tamén co photoshop, de feito creo lembrar que fun o único que dixo de empregar isto durante a e.s.o, nunha materia que se chamaba “Iniciación á fotografía”, un nome un tanto engañoso, xa que era unha optativa na que todos críamos que ibamos sacar fotos pero non, adicamos todo o curso á edición de imaxes a través do photoshop. Tamén traballei co gimp, outro editor de imaxes pero xa dentro da materia de informática.

Tamén puiden traballar en menor medida xa no bacharelato, programación e instalación de software, en este caso UBUNTU.

Sacando o uso do photoshop ou aprender a un nivel moi básico programación o resto resultaba sempre o mesmo, búsquedas de información, traballo co word, power point... o cal para min se debía a deixadez do mestre en cuestión, xa que en moitas destas clases acababamos tendo esa hora libre e na que nos poñiamos a xogar a calquera cousa polo cal o aprendizaxe era nulo, non sacandolle así proveito á materia.

Sempre que haxa involucración por parte do docente en que seu alumnos coñezan diferentes programas e indagen con eles, este tipo de materias que tivemos resultan moi interesantes e moi enriquecedoras xa que cada vez é maior a importancia que se lle da o uso das TIC, e canto máis competencias sexamos con isto, mellor.