Experiencia TIC no practicum

Durante o prácticum estiven nun colexio concertado plurilingüe, neste xa realicei os meus dous anteriores prácticums.

Decir que aínda que o centro aínda se promociona como un colexio dentro do proxecto abalar, cabe decir que isto en realidade xa non sucede xa que aínda que eu estiven durante as miñas prácticas cos nenos e nenas de 3º de educación primaria, puiden ver e estar nas aulas de 5º e 6º, as cales contan só cun ordenador, un proxector e unha pizarra dixital, como ocorre en cada aula do centro.

En canto a aula na que estiven eu, o emprego da PDI, ordenador e o proxector non é de todo frecuente , dáselle uso cando a titora desa clase os emprega para complementar ao libro de texto, que é o que máis se emprega en cada materia.

Como dicía, empregase como complemento, no que a titora busca algún vídeo que teña que ver co que se está a tratar nese preciso momento e pouco máis polo cal non se lle da un uso “útil” as novas tecnoloxías polo cal tampouco os nenos e nenas adquiren unha competencia dixital incluída no currículo.

A parte decir tamén que a conexión de internet non funcionaba correctamente a maior parte das veces, de feito algunhas das veces que quixen empregar eu o ordenador e demáis cos rapaces tiven que empregar o meu móbil como router.