George Siemens e o Conectivismo

Durante unha clase expositiva tivemos a oportunidade de ver un video de George Siemens na que da unha conferencia en Lima sobre o conectivismo.

George Siemens é un dos principais pensadores deste modelo de aprendizaxe, que trata de explicar o aprendizaxe a través do mundo actual dixitalizado no que vivimos.

No video, Siemens trata de expor un exercicio sobre a educación e a sociedade. Neste, fálanos de que debemos traballar cun modelo de aprendizade de creatividade e de innovación. Establece isto sustentándose na evolución da economía, na cal cada vez hai maior demanda de traballos interactivos polo cal di que os alumnos non se poden limitar na aula polos mestres a través da ensinanza tradicional, xa que así perden capacidade de crítica.

Menciona en varias ocasións o tema do currículo, que xa hai un currículo previo a que os alumnos estén na clase e el pensa que isto non debería ser así, senon que debería ser resultado dun proceso creativo.

Para que o currículo se realice a través do avance do alumnado, Siemens, fálanos de cursos en lilña nos que o dito alumnado poida crear a súa propia identidade e a medida que o neno avanza na súa aprendizaxe ir reformulando o currículo.

Esta idea está ben pero na miña opinión ao igual que acontecía co proxecto abalar isto tamén podería desenrolar no aumento da xa mencionada brecha dixital, xa que para realizar estes cursos en liña dos que el nos fala, deberíamos ter a certeza de que se puidese levar a cabo en todos os centros e así o alumnado puidese optar ás mesmas oportunidades, de non ser así, non sería propicio levar todo isto a cabo.

Penso que sen cursos en liña tamén podemos sacar o mellor do alumnado en canto a súa creatividade e innovación, pero iso depende de nos como futuros docentes, saíndo da ensinanza tradicional da que tanto nos queixamos.

Deixovos aquí o vídeo que todos vimos: