Seymourt Papert.....Squeak e Etoys

A través dun primeiro vídeo coñecemos a Seymourt Papert, este, desenvolve unha visión de aprendizaxe chamada construccionismo. Papert pensou no uso da tecnoloxía como recurso para que o alumnado aprendera a través dela.

Pensaba que para que os alumnos traballasen diferentes áreas e contidos a través da tecnoloxía era necesario que se fixera a través da programación, para isto, foi un dos precursores dun linguaxe de programación chamado “Logo”.

Podemos ver no primeiro vídeo como os nenos e nenas empregan diversas ferramentas para aprender, e non para aprender delas, senon para facelos con elas a través de ingadar con elas. Deste xeito, o alumnado experimenta e aprenden en base ao que descubren.

Temos que ser conscientes do innovador disto xa que todo isto foi levado a cabo na década dos 60, cunha tecnoloxía moito menos avanzada co de agora.

O traballo de Papert deu paso a que se creara “Squeak”, o cal poderíamos observar no segundo vídeo que vimos.

Squeak é creado por Alan Key, trátase dunha ferramenta de simulación que segue o modelo construccionista na que os nenos e nenas aprenden cas simulacións que realizan nos ordenadores. Realizan simulaciónsreais. É unha ferramenta que incentiva o individualismo xa que cada neno traballa de forma individual ca súa simulación.

Tanto o traballo de Papert como o de Alan Key penso que é realmente importante para que os alumnos sepan aplicar o aprendido en todos os ámbitos, e a vez que aplicar, sobretodo entender, creo que é unha forma moito mellor de que o alumnado entenda mellor os conceptos.

Nos mesmos, na seguinte interactiva, tivemos a posibilidade de traballar con Squeak a través do programa Etoys. Con este programa estivemos experimentando coa realización dun reloxio. Comezamos ca plantilla en blanco, despois demoslle forma ó reloxio, fomos colocando as agullas.... así ao contalo parece doado pero a verdade é que non, tivemos que experimentar e para iso o noso mestre deunos algo de tempo. O que máis dificultade xerou foi que cada agulla tardará o debido en dar a volta ó reloxio, sendo así o que máis conrroversía produciu.

Para traballar con este tipo de programas, loxicamente non se pode realizar como o fixemos nos se un previo coñecemento de como funciona o programa xa que ten múltiples ferramentas. Coñecer o programa a fondo sería un proceso que sería de bastante duración pero penso que no hipotético caso dese establecer nas aulas, daría moi bois resultados, porque penso que pode ser moito máis divertido para ós alumnos á vez que estos aprenden. Polo cal o vexo unha ferramenta totalmente recomendable!