CÓMIC DIXITAL

CÓMIC DIXITAL a través do PLE.

Os meus compañeiros Kevin Acha, Óscar Colmenero, Sergio López e eu decidimos tratar o cómic dixital como proxecto de innovación na aula. Este proxecto conlevará un proceso de aprendizaxe competencial onde o alumnado copera e constata un aprendizaxe autónomo.

Este proceso de autoxestión do aprendizaxe por parte do alumnado é o que se denomina PLE, modelo centrado no alumno e en interrelacionar os coñecementos establecidos de diversar materias curriculares.

Empregaremos o cómic dixital como o fío conductor entre as distintas áreas de coñecemento. Sería un proxecto que traballaríamos nun contexto no que o colexio esté dentro do proxecto abalar para levalo a cabo con alumnos de 5º de primaria. A idea principal sería a elaboración do dito cómic no que establezcan parámetros de coñecemento vinculados á área de ciencias sociais, concretamento ó bloque dous: o mundo que nos rodea, creando así unha historia ficticia onde os persoaxes creados polo alumnado recorreran as diferentes paisaxes de España e facendo tamén fincapé na climatolozía de cada un destes.

A nosa proposta pretende mellorar as aptitudes do alumnado cas tecnoloxías. Traballaremos con recursos necesarios para indagar con particularidades narrativas e estableceremos unha proposta na cal construímos unha historia dun xeito continuo á vez que subdividido en partes. Isto moitos autores o establecen como “Digital Storytelling/Storelling”, disto hai moi pouca información en español pero se facedes búsqueda en inglés atoparedes moitísima información. Potenciaremos a imaxinación, ser enxeñoso/a, a elaboración de recursos artísticos así como traballar conceptos baseados xa na área de sociais coa que debemos relacionar.

Empregamos diversas ferramentas que poderíamos vincular directamente co mencionado anteriormente PLE: nun primeiro lugar sería a busqueda de información, unha das ferramentas aplicadas no ple, como pode ser en páxinas web, libros, blogs... Nun segundo lugar levaríase a cabo unha elaboración e reflexión a través de “storyboardthat” que é a plataforma onde irán realizando os cómics e o diario de aula para a dita reflexión sobre o elaborado na plataforma empregada para facer os cómics. Por último, produciríase o entorno de aprendizaxe a través do campus virtual que deben empregar o alumnado para a subir os diarios e as tiras cómicas realizadas para así despois poder ver entre todos na clase o resultado destas, para que así poidan aprender e mellorar un dos outros dentro do contexto da aula.

Nos darémoslle os conceptos clave e logo eles serán os responsables de apropiarse da información. Saberemos se empregan de forma axeitada as tic a través dos diarios de aula e da observación directa deles na aula.

Con este proxecto englobaremos as seguintes competencias: dixital, lingüística, aprender a aprender, sentido da iniciativa e espírito emprendedor.

Realizaremos unha avaliación onde teremos en conta o proceso e evolución, a actitude e os contidos obtidos.