As novas tecnoloxías

adic.jpg

 

As novas tecnoloxía chegaron a nosa vida como a solución e a mellora a carencias que existían. Pero pouco a pouco fóronse facendo moi importantes na nosa vida, hasta o punto de chegar a depender delas para moitas actividades do noso día a día.  

Como ben podemos observar ao noso redor, é maior o número de xente nova que utiliza a tecnoloxía, e que a usan para practicamente todo na súa vida diaria, dende comunicarse con un compañeiro ou un familiar ata o punto de chegarse a evadir da vida real a través de xogos, por exemplo. 

"Los pacientes adictos no solo a las redes sociales sino a los juegos virtuales son los adolescentes en edades comprendidas  entre 14 y  17 años de edad,  quienes optan por esta alternativa para olvidarse del mundo real" (Juan Carlos Santana, 2015). 

Agora xa dende pequenos se aprende a manexar a tecnoloxía. Que se os pais lle deixan os mobiles os rapaces pequenos, que se lle compran tablets para que poidan ter xogos e interactuar coa tecnoloxía, sexa como sexa na actualidade xa dende moi pequenos se esta exposto a este tipo de dispositivos. Dende bastantes puntos de vista, esta exposición temperá pode traer abundantes consecuencias os nenos. 

Para evitalo deberíase controlar o uso que os nenos fan das tecnoloxías, e sempre supervisar a súa utilización. Tamén se debe fomentar a realización doutras actividades que requiran esforzo físico como pode ser calquera tipo de deporte, ou actividades como leer. 

Pensades que xa a propia sociedade fomenta a adicción as novas tecnoloxías? Dende o meu punto de vista, si. Nos propios, ainda que inconscientemente, somos os que proporcionamos os medios os máis pequenos para que co pasos dos anos a gran maioria deles presenten unha adicción.

Comentarios

  • Nerea Patiño Fontenla

    Boa reflexión Nuria! Dende o meu punto de vista, pola mesma liña que ti apuntabas, penso que sí se produce adicción nos nenos co mal emprego da tecnoloxía dende cativos, pero tamén penso que isto pode ter solución e se debe traballar para que non suceda, sobre todo dende a educación familiar, posto que ao fin e ao cabo se corresponde co proceso de socialización primaria, non quitándolle o peso á escola, que tamén debe ser unha gran mediadora nese intercambio de comunicación e información entre as persoas, o cal pode permitir facer un uso axeitado da tecnoloxía dende idades temperás. Un saúdo.