As novas tecnoloxías

A semana pasada comezamos a materia de Tecnoloxía Educativa dun xeito moi novedoso para todos nós, foi moi peculiar ver as nosas reaccións ao non atoparnos con alguén que nos derá indicacións directamente do que tiñamos que facer pois, estamos acostumados a seguir unhas pautas por parte do profesorado, que, nesta ocasión, non foron as habituais. 

Normalmente cando comezamos unha nova materia, coñecemos a alguén... quedamonos coa primeira impresión que esta nos causa e, a min, neste caso transmitiume unha boa sensación, pareceume moi interesante a maneira de introducirnos no comezo desta nova aventura, como ben nos indicaron as profesoras na súa mensaxe de benvida. É un xeito de facer partícipes a tódolos alumnos e alumnas e de despertar o noso interese e motivación; espero que o resto das clases que nos quedan ao longo deste tempo sexan igual de interesantes que estas dúas primeiras que tivemos, tanto a expositiva como a interactiva.

En canto á materia en si, considero que é moi interesante é importante, xa que hoxe en día as Tics están en todos os ámbitos da nosa vida e a gran maioría das persoas está en contancto con elas.