Coñecendo a asignatura...

Hoxe, día sete de febreiro estamos ante o segundo contacto directo coa materia de Tecnoloxía Educativa, e polo momento, considero que está a ser sumamente interesante. Neste punto gustaríame indicar que, a primeira sesión expositiva resultoume totalmente diferente a todo o que ata de agora fixemos. Isto debeuse a que se tratou dunha clase onde nós mesmos eramos os encargados de guiar a nosa aprendizaxe (sen esquecer que seguiamos as pistas xa marcadas) empregando as tecnoloxías que se atopaban preto de nós; de feito moitas delas forman parte da nosa vida diaria para solventar calquera tipo de dúbida.

Agora, facendo referencia a segunda sesión que estivemos a realizar, débese resaltar a importancia da metáfora que se nos plantexa dende o conto porposto "El elefante encadenado"; pois, considero que esta historia nos achega a unha realidade certa falando da tecnoloxía. No mundo actual, no cal nós vivimos, é moi díficil prescindir dalgunhas das tecnoloxías que nos rodean (correo electrónico, teléfono, acceso a internet...), pero seguindo a liña do conto: é pola "adaptación" que temos cara elas ou por que realmente nos plantexamos algunha vez deixalas de lado? Na miña opinión, considero que temos tantas tecnoloxías na nosa vida cotiá que nos resultaría moi díficil; en moitos casos non se debería a súa utilidade, senón o feito da sensación de dependencia de cara á elas o que nos impediría desenvolvernos como persoas. Así mesmo, considero que hai tecnoloxías as que non se pode renunciar nos nosos días, xa que nos impedirían o noso desenvolvemento pleno a nivel persoal, social, laboral...

Polo tanto, en pleno século XXI a sociedade actual está obrigada a "entenderse" coas novas tecnoloxías e cos novos estilos de vida que delas veñen. Por iso é tan importante ter unha materia, Tecnoloxía Educativa, que nos axude a comprender a importancia das tecnoloxías da comunicación e da información no campo educativo; pois, todos temos acceso a elas dende pequenos e dende tódolos lados, sembargo ó preciso é saber como empregalas.

Comentarios

  • Daniel López

    Estás en lo cierto, sobre todo con el último párrafo, es de suma importancia educar en las nuevas tecnologías sobre todo en generaciones venideras puesto que tendremos que lidiar con nativos digitales. Es por esto, que podemos hacer uso de las tecnologías para poder acceder a herramientas educativas mucho más interractivas y adaptarnos, de mejor forma, a los ritmos de cada alumno. Pero es necesario que los adolescentes tengan un pensamiento crítico en una época en la que vivimos saturados de información, que no siempre es verídica.

  • Nerea Patiño Fontenla

    Boas tardes Tania. Ante a cuestión que plantexas sobre si o conto do "elefante encadenado" se refire a que nos adaptamos ás tecnoloxías ou non plantexamos deixalas á marxe, penso que pode entenderse dende perspectivas diferentes. Na miña opinión, e seguindo na liña do que ti indicabas, a tecnoloxía no tempo en que vivimos fai complicado vivir á súa marxe, posto que estamos rodeados de tecnoloxía e realmente, considero que depender dela se convertiu co tempo nun aspecto razoable, xa que a maior parte da información que precisamos a podemos obter a través destas ferramentas e ademais, permítennos comunicarnos cos demais as 24 horas do día. Neste senso, a tecnoloxía do pasado (1.0) deu un volco cara as novas tecnoloxías, que lonxe de servir para o seu consumo, permiten participar na creación de contidos para poder compartir cos demais. O problema das tecnoloxías é o mal uso que se pode facer da mesma e para iso será necesario construír unha cidadanía que sexa cada vez máis crítica, racional e activa no emprego destas, para así poder facer un bo uso das mesmas.