competencia dixital

Como resposta á pregunta ¿que tal estamos de competencia dixital? Considero que a gran maioría das persoas pensa que é unha experta neste ámbito, pois vivimos nunha época na que estamos totalmente dixitalizados, pero, en realidade iso non é así; si que é certo que podemos manexar á perfección certos dispositivos, sen embargo, cando falamos da  información e ás posibilidades que estes nos ofrecen, por un lado non sabemos empregalas de forma axeitada nin responsable e, por outro non temos coñecementos de como saber que información é a realmente verdadeira e fiable, en onde debemos buscala e  cales son os riscos cos que nos podemos atopar.

Creo que é moi importante a competencia dixital xa que é o que está día a día nas nosas vidas, tanto nos ámbitos de traballo, no educativo, nos momentos de ocio... na sociedade en xeral. Cada vez isto vai avanzando máis e máis, por o tanto, nós debemos ir avanzando con ela e aprender a manexala, hoxe en día, os nenos dende ben pequenos xa manexan as tics e, non somos conscientes do perigo que isto pode supoñer si non se fai un bo uso delas, polo tanto, tódolos docentes e educadores debemos estar moi ben formados neste campo, para poder transmitirlle estes coñecementos aos nosos alumnos e alumnas.

Ao igual que algúns dos meus compañeiros, penso que estamos sobrecargados de moita información que, en moitos casos está segada, ou non é de todo a real, polo que, como dixen anteriormente, debemos formarnos neste ámbito para aprender a manexala, a contrastala e saber os lugares que son fiables para buscala, xa que, calquera de nós pode subir calquera tipo de información á rede sen ter ningún tipo de coñecemento do que estamos a falar.