A miña traxectoria na tecnoloxía

Por Nuria

Durante a etapa de párvulos (3-6) a presenza das tecnoloxías foi inexistente.

Estas, comezaron a aparecer gradualmente durante os cursos de primaria, mirando de cando en vez películas en televisores moi voluminosos e pesados co porto VHS, había un radio cassette na clase de inglés que tamén se empregaba para as clases de música, había unha aula de ordenadores, que eran enormes e empregamos para aprender a crear carpetas e buscar por exemplo, “perro” en google. Manexamos tamén o Paint (ou unha aplicación similar) e sempre tiñamos uns minutos ao final para xogar ao que quixeramos. Recordo que sobre 5º o noso profesor nos enseñou un xogo de Nesquick e despois estabamos todos sempre xogando a iso.

Tamén foi nos meus últimos anos de primaria cando me creei o meu correo hotmail, e tiven conta de messenger. Nalgún destes anos en primaria, empezamos a utilizar os ordenadores da biblioteca (eran 3) durante os recreos para o noso lecer. Tamén (só en 6º) aprendimos a por os códigos dos libros nos ordenadores xa que cada semana habían diferentes grupos encargados da biblioteca (sempre supervisados) e tiñamos que rexistralo todo no ordenador.

Na ESO os ordenadores que dispoñiamos xa eran máis novos e avanzados ca os que tiña en primaria; na asignatura de informática fixemos moitos dictados en word, aprendimos a utilizar aplicacións como gymp de editar fotografías (cambiando cores, quitando granos, arrugas…) e outras para editar videos, así como lembro que fixemos moitos traballos en excel. Para isto, empregamos moitísimo o Dropbox. As radios seguían sendo material exclusivo das clases de inglés. No segundo ano ibamos por grupos á radio do instituto do lado durante os recreos, e a empregábamos para dar noticias (xa que era un traballo de lingua castelá), dedicar cancións, e felicitar ao/á alumno/a que estivese ese día de cumpreanos. No último curso da ESO comezaron a aparecer os proxectores e as pantallas táctiles, pero as empregamos moi pouco, meus profesores non renunciaban ás tizas.

Foi en bacharelato cando para min ocorreu o “boom” da tecnoloxía, comecei a contactar cos profesores a través do correo, ben para recibir os temarios, ben para mandar traballos ou resolver dúbidas. E a tecnoloxía se empregaba para todo. Tiñamos e utilizabamos os proxectores e pantallas táctiles para a maioría das clases, as presentacións dos profesores eran todas por power point e nos colgaban os temarios e exercicios na aula virtual do centro. Para a maioría dos traballos era indispensable ter acceso a ordenadores e Internet.

E, actualmente, para a Universidade, a tecnoloxía é a base para todo e en todas as asignaturas; a precisamos para ter acceso á maior parte dos temarios, para complementalos, para os traballos e para pornos en contacto cos docentes.