O meu PLE

Despois de que nos explicaran nesta interactiva máis profundamente o que era o PLE e tamén leer a entrada do blog de David Álvarez "Gestionando el caos a través de mi PLE", reflexionamos sobre o noso propio PLE. 

No meu caso puiden observar que tanto para buscar, como para dar sentido, como para compartir uso moi poucos recursos. 

Para Buscar uso ferramentas como Google, Google académico, o Campus Virtual da USC e ferramentas máis tradicionais como poden ser os libros, as revistas ou os periódicos.

Para Dar sentido a información buscada adoito usar Word, Drive, Powert-Point ou recursos como folios e bolígrafos. 

E para Compartir esta información, como sempre acostumo a compartila con un grupo reducido de persoas pois uso o Drive cando soe ser información máis académica e que comparto coa xente da clase, e cando a información vai dirixida a outras persoas, adoito usar o Whatsapp. Desde que comezamos esta materia, tamén estou utilizando esta rede para difundir cos meus compañeiros e todos os que pertenzan a rede (debido a que non teño nada privado) as aportación a Tecnoloxía Educativa que a min me parezan oportunas. 

OmeuPLE.jpg

Como reflexión, e volvendo ao que xa dixen ao principio, o meu PLE é bastante pequeno comparandoo con outros por exemplo o que vimos hoxe na clase de David Álvarez. A partir dagora, e coas diferentes ferramentas que imos vendo na clase, e tamén informandome un pouco pola miña conta espero que o meu PLE se faga máis grande e máis diverso.