• Blogs
  • Noelia
  • Coñecendo o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe

Coñecendo o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe

Despois de ter unha clase moi interesante sobre o Entorno Persoal de Aprendizaxe, tamén coñecido como PLE, e de ler o blog "Gestionando el caos a través de mi PLE", onde o autor comparte o seu sistema de xestión do coñecemento, deseñamos o noso propio PLE. 

Para iso, tiven que facer unha reflexión, xa que aínda que coñecía moitas das fontes de información, das ferramentas usadas para dar sentido e para compartir, tamén estaba a utilizar moitas outras das que non me lembraba, debido a que estou tan acostumada a usalas que se convertiron en algo tan habitual para min que pasaron desapercibidas.

Seguidamente, decidín representar o meu PLE como se amosa na imaxe adxunta, para así poder compartilo. Como se pode ver, non é moi complexo xa que adoito utilizar ferramentas básicas e comúns a case todos nós nas diferentes accións que o forman. Debido a isto, considerei ampliar, principalmente as fontes de busca, comezando a utilizar algunhas das presentadas na materia, como Scoop.it que pode ser de gran utilidade á hora de realizar traballos académicos e de estar informada sobre temas de interese persoal. 

Aqui vos deixo o meu PLE: 

PLE.jpg