Coñeces a Nico?

No día de hoxe xegoume o meu whassap unmensaxe dunha imaxe dun debuxo e un texto que o acompañaba. Isto chamoume a atención xa que podía ser o típico xogo de pásallo aos teus 10 mellores amigos..., sen embargo as poucas horas vin na Voz de Galicia a imaxe do muñeco, o cal me sorprendeu, e comecei a ler. 

O que non imaxinaba e que ese dibuxo fora inventado por unha profesora de 3º da ESO co único fin de mostrarlles aos seus alumnos/as o poder de difusión das fotos nas redes sociales e conciencialos dos diversos perigos que conleva iso.

Pareceme unha gran idea por parte da profesora, xa que a difusión da imaxe e do texto faise con un fin educativo. Ademais, dende o meu punto de vista, unha demostración como esta é a axeitada xa que os propios alumnos e alumnas poden ver cos seus propios ollos os perigos de subir certas fotos as redes sociais, así como a súa rápida difusión. A vós parecevos que técnicas como esta pode axudar a que os xóvenes podan obter máis conciencia sobre o que suben as diversas redes sociais? Ou creedes que é unha perda de tempo?

Aquí vos deixo a noticia por se vós interesa!!! 

http://novo.lavozdegalicia.es/noticia/tienes-que-verlo/2017/03/01/llegado-nico-tu-whatsapp/00031488381959931496720.htm

Comentarios

  • Tania

    En resposta a túa pregunta inicial sí coñezo a Nico. Agora facendo referencia as seguintes que plantexas, gustaríame indicar que considero que sí se trata dunha boa iniciativa que pode axudar a concienciar  a todo o mundo do que se sube as redes sociais e dos perigos que isto pode traer. Polo tanto, a nivel educativo penso que este experimento estivo moi ben fundamentado, pois dunha maneira sinxela e rápida esta mestra logrou que o seu alumnado comprendese a mensaxe que lle intentaba transmitir: unha vez que algo se sube a rede deixa de ser dun mesmo. Así mesmo, considero que aínda que a iniciativa foi moi acertada o eco que se fixeron os medios de comunicación do boneco Nico axudoulle na súa tarefa de dar a volta o mundo. Neste punto considero que sería importante unha nova cuestión: son máis perigosos os medios de comunicación na difusión dos diferentes contidos (imaxes, noticias, vídeos...) ou as redes sociais?  

  • Milagros

    Boas Tania!! Contestando a túa pregunta, considero que tanto os medios de comunicación como as redes sociais son iguais de perigosas, xa que os medios ofrecen o mesmo ou case os mesmos obxectivos. Creo que estamos rodeados de tantas información que provén de tantos medios informáticos que é moi complicado controlar a propia difusión de noticias.

  • Noelia Casal

    Boas, rapazas! Que bo tema de discusión acaba de nacer deste post... é máis perxudicial o uso que facemos nós das redes sociais ou o uso que fan os medios de comunicación de todo o noso que se volve coma deles? Paréceme unha reflexión moi interesante. Como ben vimos esta semana, Nico foi quen de chegar ata o noso grupo de whatsapp de clase en menos de nada! Mais é certo que moitos dos compañeiros xa tiñan visto a noticia na prensa.

    A min que isto sucedese cunha folla de papel e un debuxo fai que me pregunte que podería haber pasado se houbese sido a imaxe dun menor ou dunha menor nalgunha situación comprometida, como tantas e tantas temos visto... Terminando xa, e respondendo á pregunta que plantexas, eu creo que non supón unha perda de tempo para ninguén senón todo o contrario. Que ese alumnado sexa capaz de comprobar todo o territorio que percorreu Nico paréceme unha forma de facelos partícipes de todas as aventuras que irá desempeñando e de todos os ollos que foron quen de velo e de reenvialo. Pode que iso os faga conscientes das consecuencias dos seus actos na rede. Un saúdo.