O PAPEL DO DOCENTE ANTE AS TICS.

Seguindo un pouco coa mesma liña da miña última entrada, hoxe vou falar do papel que desempeña o docente ante as TICs, para poder ver dúas perspectivas diferentes dun mesmo ámbito.

Así, voume centrar no rol que desempeña o docente, un proceso formativa no que interveñen as novas tecnoloxías da información e a comunicación e tamén saber cales son as necesidades formativas que derivan deste novo papel que debe levar a cabo.

Algúns aspectos que xustifican a necesidade dunha formación do profesorado neste ámbito son os seguintes (Medina, 1989):

  • Mellorar a súa interpretación e concepción tecnolóxica da ensinanza, desde o protagonismo reflexivo do profesor como xerador do currículo e estilos de ensinanza.

  • Acadar unha concepción tecnolóxica apoiada nunha fundamentación científica do proceso de ensino-aprendizaxe, e na actualización.

  • Xestionar e organizar os medios na aula e no centro. Aquí haberá que entrar na dinámica de colaboración e reparto de responsabilidades en equipos de profesores.

Calquera modelos de traballo con relación a unha formación do profesorado en tecnoloxía debe ter en conta; o suxeito da formación, elaborar deseños de formación e debe entenderse como un ciclo longo onde interveñen moitos axentes e variables.

Segundo o informe “O papel do docente ante as TICs” elaborado por Alan Freddy Carrasco Dávila pódense sacar unha serie de conclusión con respecto a este tema. Así, o docente debe ensinar aos alumnos a ter un xuízo crítico ante os medios de comunicación de masas con fins educativos, onde se atopen os soportes das novas tecnoloxías da comunicación. Tamén é necesario estimular ao docente e convencelo das bondades do uso do ordenador como apoio a ensinanza.

Un profesor que ensina coas novas tecnoloxías deberá ter en conta que está a desempeñar unha nova tarefa, onde as súas funcións máis básicas son, entre outras:

  • Facilitador do proceso de ensinanza: o profesor pasa de ser experto en contidos a un facilitador de aprendizaxes onde vai a requirir deseñar experiencias de aprendizaxe para os estudantes, fomentar a interacción dos mesmos, o autoestudo e a motivación.

  • Asesor: o profesor debe ser capaz de guiar aos alumnos no desenvolvemento de experiencias colaborativas, monitorizar o progreso dos estudantes e proporcionar en todo o momento “feedback” de apoio ao traballo dos mesmos.

  • Investigador: o docente debe ser investigador do seu propio quefacer. Debe ser un especialista do saber, aberto ao camiño da investigación a actualización.

  • Facilitador de contidos: o profesor contribúe a creación do coñecemento especializado, centra a discusión sobre os puntos críticos, responde preguntas, responde as contribucións dos estudantes, e sintetiza as contribucións en orde aos tópicos ou contido impartidos.

  • Tecnolóxico: o profesor debe posuír as habilidades mínimas técnicas para interactuar cos sistemas e apoiar aos estudantes no desenvolvemento dos cursos.

  • Organizador/administrador: o profesor debe establecer unha axenda para o desenvolvemento da actividade formativa, onde incorpore os obxectivos, regras de procedementos, horario de xeito que garanta unha adecuada planificación e posta en práctica da ensinanza como un proceso coherente entre as necesidades, fins e medios.

 

Con respecto a este tema penso que un dos grandes problemas aos que se enfrontan os sistemas educativos na capacitación dos docentes é que os docentes tenden a seguir na súa profesión moitos anos. Isto provoca que unha vez que dominan o seus traballo e ben que obteñen bos resultados con eles, dificilmente cambien o seu estilo ou técnica de ensinanza. Ademais, outro conclusión que recollín deste documento é que moitos docentes pensan que os medios tecnolóxicos convértense en competidores que arrebatan a súa hexemonía informativa e alteran o equilibrio tradicional sustentado na palabra. Penso que ata que non se eliminen estas barreiras e formas de pensar as TICs van ter que recorrer un camiño duro por recorrer para que o alumnado poida gozar de todas as súa posibilidades.

 

 

Referencias: