Comunicarse con tecnoloxía

Cando falamos de comunicarse a través da tecnoloxía case todo o mundo pensa en Whatsapp, Facebook e, en definitiva, nas redes sociais, xa que é a maneira máis común de utilizar os aparellos electrónicos para poder falar con outras persoas. Sen embargo, non reparamos na gran axuda que presta a tecnoloxía ás persoas que, por algún motivo, non poden falar nin expresarse sen un sistema alternativo de comunicación.

Como moitas persoas, non me parara a pensar o que as tecnoloxías facilitan a vida dunha persoa ata que fai uns días vin como unha persoa con ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica) utilizaba un ordenador, que controlaba mediante o movemento dos seus ollos, para transmitir o que lle estaba a ocorrer. Esta enfermidade fai que a persoa que a padece non poida falar e realice movementos involuntarios, pero non afecta á intelixencia nin aos movementos oculares, polo que non tiña problema en utilizar este sistema e, grazas a el, puidemos saber o que lle estaba a ocorrer para solucionalo. 

Ao igual que ela, moitas outras persoas dependen da tecnoloxía no seu día a día para poder comunicarse co mundo que o rodea, xa que doutra forma non serían capaces de expresarse. O problema destes dispositivos é que adoitan ser bastante costosos, polo que poucas persoas poden contar con eles a tempo completo, como é o caso da persoa mencionada anteriormente. Desta maneira, teñen que intentar atopar outra forma de poder comunicarse cando non teñen acceso a este recurso e nalgúns casos pode resultar realmente difícil. 

Comentarios

  • Milagros

    Estou de acordo contigo en que a tecnoloxía resulta ser unha das alternativas en que este tipo de persoas que teñen estas enfermidades, podan axudarlles para expresar o que sinten, como se encontran, que lles doe ou simplemente para comunicarse co resto. É unha magoa de que non sexa fácil acceder a estos aparatos polos caros que resultan ser e polo tanto están alonxados ao alcance de calquera, deberían intentar resolver este problema xa que eles tamén necesitan sentirse parte da sociedade, xa que siguen sendo persoas e teñen os mesmos dereitos que os demáis.

  • Nerea Patiño Fontenla

    Sin duda, tal y como mencionas en tu post, las nuevas tecnologías son necesarias en todos y cada uno de nosotros cuando pretendemos comunicarnos, ya que están presentes en prácticamente todos los ámbitos y sectores de la sociedad en que vivimos, y la diversidad funcional, no está al margen de ello. Las TIC considero que adquieren una importancia relevante dentro del ámbito de la diversidad funcional, puesto que ayudan y mejoran la autonomía de las personas que presentan algún tipo de necesidad (como la que mencionas: ELA). Por ello, es necesario que continúen adaptándose dentro de la sociedad en que vivimos, puesto que a mayor avance, mayores beneficios para estas personas y menor riesgo de desigualdad social. A mi parecer, las TIC son una herramienta clave para favorecer, además de la autonomía, la motivación y la inclusión social de las personas que por determinadas razones presentan algún tipo de necesidad. Si bien, también producen mejoras relativas al movimiento, a la coordinación, así como ayudan a reducir la brecha digital existente. 

    Finalmente, indicar que aunque me parece interesante que se trabaje con las TIC dentro de este ámbito, considero que no debemos de conformarnos sólo con las mejoras que aportan en la actualidad, si no que pienso que debemos de seguir mejorando los procesos, partiendo de la base de la mejora continua de productos. 

  • Tania

    Sen dúbida a realidade que nos acabas de mostrar é realmente dura: que teñas/sintas a necesidade de comunicarte ou trasnmitir o que che ocorre e non sexas capaz, debe ser indescriptible. Sen embargo, pode ser empregado para unha pequena reflexión, ¿en qué medida a tecnoloxía pode facilitar a nosa vida? Como xa puxen nunha publicación miña anterior a esta, non todos temos o mesmo concepto da tecnoloxía nin o que nos pode proporcionar a todos nós é igual. Para esa persoa que ti acabas de indicar, a tecnoloxía é a forma de transmitir o que sinte, o que lle pasa... A tecnoloxía é a súa forma de comunicación cos seus familiares, amigos... Non obstante, para persoas como nós é algo accesorio que nos axuda a comunicarnos igualmente, pero nós podemos falar, podemos abrazar... en definitiva, podemos chegar a prescindir dela chegado o momento. Neste punto é cando deberíamos abrir un novo debate, ¿porque algo tan necesario para certas persoas é tan inaccesible? Pois sen dúbida, por que se trata dunha tecnoloxía sumamente complexa. Por iso, e como ben recolle Nerea, débese traballar nunha mellora continúa e, sobre todo, nun abaratamento nos custos da mesma para que todos e todas teñamos a posibilidade de acceder a ela se fose preciso.