Coñecendo o meu PLE

Logo da volta da emocionante experiencia de prácticum, encontreime coa inclusión neste blog e comecei a indagar sobre a materia e os contidos a traballar nas clases. Dentro da totalidade de conceptos vistos chamoume especial atención o concepto de PLE xa que o descoñecía completamente aínda que como todos comprendín que formaba tamén parte de miña realidade. 

Logo de varias lecturas e indagacións definiría o PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe) como un conxunto de ferramentas, servizos e conexións que utilizamos para alcanzar diferentes metas vinculadas á adquisición dun maior número de habilidades e competencias.

Para dividir e así poder analizar o meu PLE establezo as diferenzas entre Fontes, Filtrado e Producción como vin no artigo "Gestionando el caos a través de mi PLE".

Fontes: Google, youtube, campus virtual, wikipedia, dialnet e Twitter.

Filtrado: papeleira de reciclaxe.

Producción: open office (word, excell, power point), Google drive, prezi e Youtube.

Logo de botarlle un primeiro vistazo á composición do meu PLE considero que nin é moi escaso nin tampouco está sobrecargado. Debo destacar que a nivel de aplicacións ou ferramentas de filtrado me atopo realmente escaso xa que unicamente utilizo a papeleira de reciclaxe; pero logo de investigar e indagar pola rede vin que debería comezar a utilizar por exemplo os marcadores dos buscadores de información para por exemplo ter de primeiraman sitios web do meu interese, usando o marcado como Favorito. Ou doutra maneira dentro das redes sociais bloquear ou activar notificacións de contas que conteñan información valiosa para min.

Logo desta experiencia de coñecementos novos e análise do meu PLE, son consciente de todos os materiais que uso a nivel das TIC e de como estes me axudan a situarme e desenvolver diferentes funcións e adquirir novas competencias.