Prácticum I

Agora que xa volvemos das prácticas e volvemos a comezar esta semana a rutina das clases, contarvos un pouco como vin eu o uso das novas tecnoloxías no centro no que estuven. 

Realicei o meu Prácticum I nunha asociación donde participan chicos con enfermedades mentais. E para min foi unha experiencia moi gratificante, e a cal me aportou moito. 

En canto o uso das novas tecnoloxías no centro, pódese dicir que si había bastante uso por parte dos monitores, ainda que os chicos do centro non tiñan a posibilidade (ou polo menos mentras eu estiven alí) de acceder a elas. 

Os monitores usaban as novas tecnoloxías dende para realizar materiales para certas actividades, para a busca de información, a comunicación con outros centros, ata para a avaliación dos chicos. Este último uso foi o que máis me chamou a atención, debido a que cada día o finalizar as actividades os monitores avaliaban a cada participante na actividade ( e penso que a través do ordenador é máis cómodo e práctico). 

Penso podería ser beneficioso intentar facer algunha tarefa con dispositivos como ordenadores, xa que neles tamén se poden facer actividades, ainda que as haxa que adaptar a eles.