"Hey! Tech" unha axuda en tecnoloxía educativa

“Hey! Tech” é una empresa punteira na inclusión das novas tecnoloxías dentro da educación. Mediante este produto pretende condensar tanto a interacción dentro da clase cos alumnos e o profesor como o control que o mestre debe exercer para o bo uso destas tecnoloxías. Dando una resposta bastante completa ás problemáticas que poden xurdir dentro da aula.

O sistema consta dunha Tablet con teclado, cun recadro na parte superior esquerda da parte traseira da pantalla (quedando así á vista do profesor) na que mediante o contacto visual do profesor se pode controlar o funcionamento da clase. Nesa pequeña pantalla refléxanse tres cousas diferentes:

 

1.Un  semáforo, que axuda ao profesor a ver o nivel de comprensión que van adquirindo os alumnos a medida que se lles presenta un tema.

Captura0.PNG 

2. Letras da “A” á “D” que facilitan a resposta a pequenos test que pode proponer o profesor, vendo así as espostas que van proporcionando os alumnos ás preguntas formuladas.

Captura.PNG

3.  ​Un mecanismo de control que lle ensina ao profesor se algún alumno está fora das aplicación correspondentes e se encontra navegando pola web ou usando redes socias (como o Facebook por exemplo).Captura2.PNG

 

Esta novidade gañou peso no Mobile World Congress celebrado en Febreiro deste ano en Barcelona, tratando así de mostrarse ao mundo e gañarse un oco dentro das aulas e no mundo da tecnoloxía educativa. Este empresa segue traballando e perfeccionando os seus productos de cara a conseguir un maior nivel de profesionalidade e de funcionamento.

http://heytech.es/hey-educacion/