Ateneo sobre Robótica

Hai unhas semanas, os meus compañeiros do Colexio Maior e mais eu, decidimos levar a cabo unha idea que levaba tempo rondando as nosas cabezas: xuntarnos cada domingo para facer un ateneo no que tratar diferentes temáticas. Por se hai alguén que non coñeza o concepto: un ateneo é, ademais dun bar de Santiago, unha asociación cultural que fomenta os coñecementos científicos, literarios, sociais e artísticos das persoas que pertencen a ela.

A idea xurdiu coa intención de formalizar as amplas reflexións e variopintos debates que se dan nas nosas sobremesas. A miña estancia temporal na Coruña con motivo da realización do Practicum I, non fixo posible que puidera asistir ás primeiras sesións. Sen embargo, nesta última estiven presente para falar dun tema que prácticamente descoñecía: A ROBÓTICA. Quixemos enfocalo como un debate sobre a robotización da sociedade e a considerada 4ª revolución industrial.

Un dos aspectos máis enriquecedores dos nosos debates é que, normalmente, cada un pertence a unha rama ou disciplina diferente. Neste caso, o grupo estaba formado por unha periodista, un físico-matemático, un educador social, unha politóloga, un enxeñeiro químico, unha xurista, un físico, unha farmacéutica, un historiados, un biólogo e unha pedagoga (a maioría en proceso de selo, todo hai que dicilo). Imaxinade a diversidade de opinións tendo en conta que cada un visualiza a temática dende unha perspectiva e ámbito diferente. Nesta ocasión contamos coa vantaxe de que o irmán dun dos integrantes é experto en robótica no exército, así, foi el quen comezou a ilustrarnos con datos que descoñecíamos.

O primeiro que nos explicou foi a diferenza entre o coñecido concepto de “robot” e o de autómata. Existe unha confusión xeralizada entre estes dous termos, posto que a maioría da xente emprega “robot” cando, sen sabelo, quere referirse a un autómata. Explícome: ambos teñen unha preprogramación, sen embargo, un robot precisa dun mínimo de control, mentres que un autómata, teóricamente, pode ser independente do usuario e tomar decisións dentro desa preprogramación.

Esta aclaración viña a conto do tema base que pretendíamos debater: se un robot tivera consciencia propia, debería ter dereitos? Co razonamento anterior, estaríamos errando ao referirnos a un robot e non a un autómata. Esta cuestión está moi presente nos últimos tempos da nosa sociedade e, sen estar ningún de nós moi metido no tema, comezamos por sinalar o que nos entendíamos por consciencia. En xeral, xurdiron diversas opinións... bastante diversas e incluso un pouco caóticas. No que todos coincidimos foi en que, sen dúbida, o mundo sería o doble de complicado.

Deixovos esta cuestión para que reflexionedes e vos animedes a contar as vosas conclusións.

Comentarios

  • Uxía Fernández Regueira

    Hola Sara!

    sin meterme tanto en el debate que planteas, me parece muy chula la idea del ateneo en un afán de formalizar esos debates informales que suelen quedarse en nada aun a pesar de su riqueza. Por ello y ya que estais en una dinámica de construcción, siendo la materia que es, me gustaría saber como planteasteis, o impulsar a hacerlo, la idea de registro de la actividad del ateneo y la difusión de aquellas ideas con las que concluis cada tema tratado y que cierran el debate. 

    Un saludo!