LÍMITES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O outro día miña nai me comentou que leu un artigo (fun incapaz de recuperalo para botarlle un ollo máis miusciosamente e poder recomendárvolo) no que se facía fincapé ao problema que se produce cando os medios de comunicación deixan de ser simplemente informativos;

Voume centrar nun programa-exemplo específico, pero que se pode aplicar a maioría dos programas que se poden ver hoxe en día: Granjero busca esposa.

Este tipo de programas entreteñen a unha gran cantidade de audiencia a través de contidos mediocres exhibindo as intimidades doutras persoas. Así, a TV deixa de ser unha fonte de información para ser unha tele “á carta” que ofrece aquilo que os espectadores queren ver a través dunha realidade ficticia (da que claramente aprenden os xoves, velaí o tema que me interesa). Isto afecta principalmente aos espectadores máis xoves que aínda son moi plastificables e aprenden de todo o que ven.

A sangue non aparece como tal, pero si son constantes as loitas entre as pretendientas polo “seu home”. O sexo aparece constantemente na boca de moitos granxeiros, pero no momento no que unha pretendienta anuncia que ten un consolador ao cal incluso lle ten nome, o granxeiro se escandaliza. Unha muller falando abertamente da sexualidade, madre mia!. 

E o sensacionalismo é a base do programa.

Este programa tamén invade (cómo non) a intimidade, o secreto, métese unha vez máis na propia vida dos participantes. Porque é puro morbo, cotilleo, e isto é o que interesa.

Tamén se dan enfrentamentos entre persoas como xa mencionei anteriormente, as pretendientas e os pretendientes están sometidos a constantes enfrentamentos. Basta mirar 5 minutos deste programa para darse conta.

 

Este programa, ao igual que toda a telebasura inflúe moito nas formas de pensar da nosa sociedade; concretamente Granjero busca esposa fomenta o machismo mírese por onde se mire. Eu chamaríao “granjero busca esclava”. Xa no primeiro capítulo deuse un paseo de mulleres-obxecto, como un producto; mentres ián pasando polos granxeiros estes comentaban “buf la morena, buf la segunda…” comentarios basados no simple físico (mostra de como se promoven tamén os prexuízos e estereotipos xa que se alababan a aquelas con “””mellores””” corpos, as máis dotadas.)

Unha frase que saíu en moitas redes e non podo deixar sen mencionar: “Lo que más me importa es el físico. Toreo poco, pero cuando lo hago es en buenas plazas”.

Sigi, un dos granxeiros confundiuse de programa xa que él o que busca é unha empregada do fogar. ¿É necesario que en pleno s.XXI poña a 5 mulleres a cociñar para que o machote elixa á que quere? Él mesmo dixo que non lle importa a calidade se non a cantidade.

Tamén son 5 mulleres as que pretenden a Don Luís. Supostamente teñen unha relación de amizade, e unha delas vai ser a “súa muller”, en serio é necesario que o sigan tratando de Don? A súa superioridade hacia elas limítase á súa clase social?

Outro granxeiro non tardou moito en por a todas as súas pretendientas en bikini.

Unha delas lle dixo que desde que o coñeceu non parou de mirar videos de como ordeñar cabras. Mostra a necesidade de que a muller teña os mesmos intereses ca o home, de que teña que saber facelo para poder axudarlle. Pérda da personalidade.

Entre risas compararon tamén a unha pretendienta con David Bowie polo simple feito de ter o pelo curto.

 

Con todo isto, só me queda por dicir que este tipo de programas non fan máis que dano na sociedade fomentando prácticas e ideoloxías degradantes, sobretodo nos máis pequenos, os nosos futuros alumnos, que son esponxas e aprenden todo o que ven.

Comentarios

  • Milagros

    Acabas de describir un programa que verdadeiramente deixa a muller nun plano bastante mediocre e baixo, onde exhiben a muller como unha boneca ou trofeo, onde aos homes que aparecen neste tipo de programas buscan un físico sorprendente e non buscan unha personalidade adecuada, onde a muller se ve cunha imaxe como esclava ou máis ben como servidora (según a miña opinión claro está), onde as persoas que se apuntan a estos programas deixan a súa imaxen polo suelos e incluso chegan a facer o ridículo,......

    Pero, teño que destacar que por desgracia, sigue existindo ese morbo na sociedade por este tipo de programas na televisión, no que as persoas máis novas aprenden un vocabulario e unhas formas de educación bastante indecentes. Resultame unha gran pena que haxa mulleres que se apunten e animen a participar neste tipo de circos (supoño que será polo económico.....). Acabo concluíndo decindo que a tecnoloxía deberíase utilizar cun fin máis educativo e non como espectáculo.

  • Andrea Carro Carro

    Boas tardes Nuria, son consciente do progroma e da temática tratada nel, como ti ben expós no teu post este programa fomenta valores que parecían extintos na sociedad actual pero como podemos observar estan no seu máximo apoxeo. O peor do progama non é a súa temática,conductas das persoas ou simples feitos, o máis denigrante deste programa é a gran audiencia que ten e a cantidade de menores que están a ver esta tele-basura e co cal asimilando valores que non son os correctos. Ademáis comentar que a maoría dos programas son así ,como ben apuntas ti, pero son así por culpa desta sociedade trastornada que busca o cotilleo e a farándula, por que na tele só busca entretemento que lles faga olvidar as súas vidas, como vivo exemplo desto podo mencionarche a baixa audiencia que teñen os documentais do canle da 2. 

    A solución, desde o meu punto de vista, non sería regular estes programas, a súa emisión e o seu contido, a solución iría máis ala, iría orientada hacia o cambio desta sociedade e a fomentar o uso da televisión como un medio de información e adquisición de coñecementos, ademáis de axudar a entreter e distraer pero con programas máis educativos.

  • Bianca

    Totalmente de acuerdo contigo Nuria. 

    Como bien dices, muchos de estos programas atentan gravemente contra muchos de los derechos fundamentales que se han ido ganando con el paso del tiempo; exhibiendo sus espectáculos sin ningún tipo de pudor. De hecho, cuanto mayor espectáculo, mejor. Cuánta menor privacidad de los sujetos, mejor. Cuánto más denigrantes sean los casos que se exponen, mejor. En este sentido, bajo mi punto de vista, deberían cumplir estrictamente unas normas deontológicas, un código ético que actúe como eje vertebrador de todo lo que va a ser emitido, a cualquier hora y cada día. De hecho, ya se han llevado a cabo iniciativas tiempo atrás que procuraban un cambio de rumbo en la TV cuando este tipo de programas comenzaban a aparecer; iniciativas que, dado el poder que entrañan estos medios todavía se han quedado en nada. Un ejemplo de éstas fue la realizada en 1997, cuando diversas asociaciones de consumidores, vecinos, familias y sindicatos obreros firmaron un "manifiesto contra la telebasura". 

    Te recomiendo la lectura de este breve artículo publicado en Dialnet, que recrea un poco la historia de la Telebasura en España. Sin duda, a pesar de que el estudio fuese realizado en el año 2007, la situación poco ha cambiado hasta nuestros días. Al final del artículo podrás ver las medidas propuestas por los autores de esta investigación y podrás valorar y documentarte sobre la consecución de las mismas. 

    https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwiL7PGu9K7TAhVEIJoKHXxuAacQFgglMAA&url=https%3A%2F%2Fdialnet.unirioja.es%2Fdescarga%2Farticulo%2F2539878.pdf&usg=AFQjCNGNScGjCPUqU5qE7blVEZRKD6Baxg&sig2=mKPbxznNy4lOd6cppxUTHQ