A muller nas TIC.

A igualdade de xénero real é unha tarefa na que dende hai décadas se está a avanzar a pasos axigantados grazas á importante labor do movemento feminista. Con todo, non son poucos os países que aínda non son partícipes destes cambios, e mesmo no Primeiro Mundo continuamos tendo moitas fendas que superar ata alcanzar a nosa meta, sendo unha delas que o acceso ás TIC sexa equitativo para homes e mulleres en plena sociedade da información.

Os expertos chegaron á conclusión de que o acceso a estas tecnoloxías da información garante a igualdade de oportunidades en materia de xénero, e mesmo estudos internacionais levados a cabo polas Nacións Unidas e a Comisión Europea alértannos acerca desta gran fenda entre xéneros, recalcando a importancia de que as nenas e as mulleres non só sexan consumidoras de tecnoloxía senón tamén creadoras.

O certo é que esta diferenza numérica non é algo natural, ou algo que xurda da nada; É moi común que xa desde o fogar se anime ás nenas para inscribirse en cursos máis de índole social, que carreiras de ciencia e tecnoloxía. De feito, no ano 2015 a EOI destacou nun artigo o seguinte: "No seu relatorio 'Mulleres & TIC. Mulleres máis empleables', Ana Álvarez lembrou que a relación das mulleres coa tecnoloxía e a ciencia 'nunca foi nada fácil xa que en España, o 54% dos universitarios son mulleres, pero de todas elas só o 27% opta por carreiras relacionadas con enxeñerías." É máis, segundo Eurostat: Os datos sobre  o emprego nas profesións de índole tecnolóxico da Unión Europea, deron a relucir que un 80% dos postos eran ocupados por homes en 2014.

Isto, sumado ao feito de que ata finais do século XX o recoñecemento das mulleres polas súas achegas ao desenvolvemento tecnolóxico destacou pola súa ausencia, e  a que a fenda dixital por razóns xeográficas marca a diferenza entre as zonas tecno-ricas (nas que se dispón de acceso á infraestrutura e educación necesaria para o aproveitamento das TIC) e as tecno-pobres, levou á Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e ás Nacións Unidas a crear o Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Este día ten como obxectivo alentar e motivar a vocación tecnolóxica das nenas, rebaixando a fenda dixital de xénero ata acabar con ela, tanto na formación regrada como no ámbito do lecer. Tamén apoiar a promoción de espazos de desenvolvemento dixital de nenas e mulleres do mundo rural.

Os motivos para querer acabar con esta separación débense a que esta contribúe a agravar as diferenzas profesionais en xeral e as súas consecuencias en termos de salario, estabilidade de emprego, credibilidade e recoñecemento. Non só iso, senón que xera un importante desaprovechamiento das TIC para a corrección das propias desigualdades ocasionadas polos roles impostos.

En cambio, unha maior utilización das TIC podería axudar a que as mulleres tomen parte activa a redes de apoio e defensa dos seus dereitos e accedan a novas oportunidades; e  teñan a oportunidade de recibir informacións de calidade non dispoñibles noutros medios de comunicación tradicionais. Polo tanto, confírmase que hoxe en día as TIC son unha gran ferramenta de apoio para crear formas de diálogo, aprendizaxe e cooperación que debería estar ao alcance de todos para contribuír ao seu desenvolvemento.

REFERENCIAS:

• Teruel, Ana (2017) El País: Por qué las mujeres deben apoderarse de la tecnología. Recuperado de: http://elpais.com/elpais/2017/03/08/talento_digital/1488997851_003913.html

• EOI (2015) Mujeres & TIC: Mujeres más empleables. Recuperado de: http://www.eoi.es/blogs/open/mujeres-tic-mujeres-mas-empleables/