ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE (PLE)

     Principais características do PLE

 

Facendo un repaso a todas as miñas entradas, decateime de que me faltan algúns conceptos importantes que vimos na clase e que xa forman parte do meu abanico de conceptos aprendidos nesta materia. Vou a falar así do PLE.

Segundo a Wikipedia, os Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE) son sistemas que axudan aos estudantes a tomar o control e xestión da súa propia aprendizaxe. Isto inclúe o apoio aos estudantes a acadar así os seus obxectivos de aprendizaxe.

  • Fixar os seus propios obxectivos de aprendizaxe.

  • Xestionar a súa aprendizaxe, a xestión dos contidos e procesos.

  • Comunicarse con outros no proceso de aprendizaxe.

Esta é unha expresión que aproximadamente dende a JISC/CETIS Conference de 2004 vense utilizando para referirse ao conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para acadar diversas metas vinculadas á adquisición de novas competencias.

O concepto de PLE parte da base de que é a persoa quen decide que (materia, habilidades, etc) cando (tempo), onde (entorno), porque (de que xeito) quere aprender. Polo tanto é algo persoal, aberto e modificable, cunha estrutura inicial simple pero que progresivamente vai adquirindo complexidade e que ten como principal obxectivo facilitar a aprendizaxe dunha maneira informal e non dirixida.

Podemos establecer unha aproximación a unha estrutura dun PLE en base a tres elementos:

Ferramentas: os elementos e tecnoloxías que nos permiten clasificar, elaborar e compartir información e o coñecemento, entre os que atopamos marcadores sociais, documento e arquivos en liña.

Recursos: son todas aquelas fontes de información que nos proporcionan información e opinións relevantes para nós. Poden vir en formatos tradicionais ou en formatos dixitais.

Rede Persoal de Aprendizaxe: está formada por todas as persoas coas que temos contacto e das que obtemos, aportamos e coas que compartimos información.

Neste cadro pódense ver as características máis salientables deste concepto:

 

  PLE
CARÁCTER

Persoal

Aberto

Modificable

ESTRUTURA

Complexa

Personalizada

Modificable

APRENDIZAXE

Informal

Complemento da aprendizaxe formal

CONTIDOS Personalizado
CONTROL Persoal
INTERACIÓN Opcional
XESTIÓN Persoal

Un PLE configúrase arredor dunhas ferramentas e servizos que nos permiten o acceso e a relación coa información e con outras persoas, en concreto ferramentas “sociais” da Web e das estratexias con que configuramos o uso das mesmas.

Podemos falar así, e segundo o documento “Los Entornos de Aprendizaje (PLEs): una nueva manera de enteder el aprendizaje” de Jordi Adell e Linda Castañeda, de tres tipos de elementos dun PLE:

  1. Ferramentas e estratexias de lectura.

  2. Ferramentas e estratexias de reflexión.

  3. Ferramentas e estratexias de relación. 

Considero que está unha gran ferramenta de aprendizaxe, a cal se pode adaptar aos grandes cambios e evolucións que vive a nosa sociedade, e sobre todo a educación. Penso o PLE é un medio eficaz que nos permite acceder a información e ao coñecemento dunha forma personalizada, adaptada as nosas necesidades.

 

Referencias: