Brecha digital

Por brecha digital entendemos unha exclusión ou carencia tanto de persoas, como rexións, ou países das vantaxes e oportunidades asociadas ó uso das novas tecnoloxías e TIC. Así entendemos por este concepto unha distancia ou falta de accesibilidade que sufren persoas, empresas, e outras institucións ó uso e manexo de información e as tecnoloxias da comunicación.

Como consecuencias do rápido avance das TIC as persoas vense na obligación de reeducarse en diferentes aspectos. Por exemplo, un mestre, acostumado a utilar a pizarra e o libro, agora debe formarse para saber utilizar a pizarra dixital ou o ordenador. Esto é intrínseco a todas asa actividades humanas nas cales as persoas deben adaptarse as novedades e innovacións para seguir avanzando no coñecemento. Esto pódemolo denominar como formación permanente, é dicir ó longo da vida.

Sen embargo hai zonas, rexións ou persoas que aínda non teñen acceso a estes medios informáticos o cal os sitúa nunha enorme desvantaxe social.

Como podemos ver no mapa que subín no apartado de “archivos” hai zonas xeográficas nas que o uso de internet e prácticamente nulo, como en África, onde só hai un punto de luz en Sudáfrica, que casualmente é o país máis desenvolvido do continente.

Polo tanto, vemos que o uso das novas tecnoloxías está estreitamente relacionado coa actividade económica, xa que a rede actúa como escaparate de moitas actividades económicas e industrias e sobre todo de marketing.

Según a Organización Mundial do Comercio, as novas oportunidades tecnolóxicas e os libre mercado a escala global impulsarán unha “terceira revolución industrial”.

Pero todos estos avances a quén sirven? Quen os utiliza? Sobre todo os países industrializados son os beneficiarios da utilización das TIC e internet para o comercio. Os países subdesenvolvidos ou os países do sur non só non son participes e beneficiarios deste movemento, se non que aínda se levanta un muro máis alto que lles impide seguir os pasos dos países industrializados. Como vemos a globalización tamén invade ó ámbito tecnolóxico.

Algunhas medidas para eliminar a brecha dixital:

- Levar a cabo políticas de accesibilidade a web para que todas as persoas poidan disfrutar de internet e o intercambio de información.
- Ademais esta introducción de rexións no mundo virtual acrecenta o número de consumidores dos productos e servicios que se ofertan na rede.
- Para introducir estos equipamentos nas rexións débese ter en conta os aspectos culturais vendo así nas novas tecnoloxías un instrumento que da resposta a unha necesidade.