Tecnoloxía suficiente ou insuficiente?

A raíz da última clase expostiva na que analizamos unha serie de frases, chamou a miña atención unha en concreto: 'Las tecnologías son insuficientes para mejorar la educación si su integración no se produce en el contexto de una reformulación metodológica global (formativa, organizativa y curricular), capaz de generar algún tipo de ruptura con los modelos educativos previos'.

Durante o tempo que tivemos de reflexión, as miñas compañeiras e eu chegamos á conclusión de que estamos de acordo coa afirmación xa que a educación está composta por un conxunto de elementos que fan que avance e se transforme, os cales deben traballar conxuntamente para evolucionar. Do mesmo xeito, se estes aspectos traballasen de forma individual os logros que conseguirían serían moito máis baixos e limitados.

A tecnoloxía está presente na educación dende moito antes do que imaxinamos: calculadoras, impresoras, procesadores de texto... Axudan dende fai anos a alumos e profesores no proceso educativo. Na actualidade, as tecnoloxías avanzan moi rapidamente e, ademais, contamos con Internet. Internet é unha ferramenta que eleva á tecnoloxía a un grao superior, xa que hoxe, case todo o mundo conta cun smartphone ou tablet que lle permite ter moitos accesos independentemente do lugar no que se atope.

Tony Bates, director de Distance and Technology, na Universidade de Columbia Británica, afirma que o éxito da tecnoloxía nos procesos de ensinanza-aprendizaxe depende non só da introducción de ordenadores e da creación dun sitio web, senón tamén de que se produzan cambios importantes na cultura tanto docente como organizativa dos diversos centros. As novas tecnoloxías producen cambios na organización do traballo, polo tanto, tamén é preciso que a organización da educación mude, para dar paso á introducción das TICs.

Polo tanto, dende o meu punto de vista, a tecnoloxía debe ser incluída na educación dende xa, pero son necesarios tamen unha serie de cambios estruturais e organizativos paralelos á introducción das TICs. De nada valería poñer a disposición dos alumnos dunha aula ordenadores, se o método de ensinanza segue sendo o tradicional, no que o profesor fala e o alumno se limita a atender e escoitar.

WEBGRAFÍA:

 

Comentarios

  • Milagros

    Como debatimos en clase, as tecnoloxías que se utilizan no ámbito da educación se non se usan con unha certa innovación cara aos alumnos/as non terá sentido facer uso delas. Como ben vimos en clase, os tres vídeos, víase perfectamente que por introducir as novas ferramentas ou aparatos electrónicos a unha aula o método de ensinanza non cambiaba, polo que se o propio profesor non demostra unha técnica nova de aprendizaxe, as tecnoloxías solo estarían para adornar. 

  • Daniel López

    Me encuentro en acuerdo con tu punto de vista.  Puesto que el avance tecnológico es una realidad social y que  por tanto la escuela no puede ignorar. Al igual que Milagros considero que de nada sirve digitalizar los medios tradicionales puesto que no se produce un cambio en el método de enseñanza. Si es cierto que, que las pantallas digitales por ejemplo no cambian dicho método tradicional, pero considero que son un buen resorte para la organización de los contenidos.

    Opino que la función del profesor en la actualidad no es la de trasmisor de conocimiento solamente, sino la de educador; el cual sea capaz de incluir nuevas formas de aprendizaje y que sea capaz de poner en marcha espacios de interacción y de dinamización. 

    Más allá de un cambio en la forma de enseñar de los profesores considero que es necesario un cambio social, en lo que se refiere al papel del profesor en la sociedad.