• Blogs
  • Silvia
  • As bibliotecas escolares transformanse en Centros de Recursos para a Aprendizaxe.

As bibliotecas escolares transformanse en Centros de Recursos para a Aprendizaxe.

Fai 3 días, saía nun xornal internacional de Costa Rica a noticia da transformación das bibliotecas en CRA. De este xeito as bibliotecas non só contarán xa con libros, senón con outros recursos tecnolóxicos como ordenadores, proxectores, pantallas, impresoras, conexión a Internet, sofware que permitan á comunidade educativa acceder a sitios informativos na web, aos recursos dixitais e ás bases de datos.

Con esta iniciativa, tanto estudantes como profresores terán un acceso moito más amplo aos recursos dixitais e virtuais, e contarán cos dispositivos de hardware e software, na medida do posible, así como sitios e portais educativos ou informativos a nivel nacional e a nivel mundial, na que encontrarán a información de xeito inmediato e sin ningún coste para o usuario.

En España, este proceso xa comezou uns anos atrás, pois en todas as bibliotecas xa contan con ordenadores, e outros recursos dixitais.

Non obstante, paréceme un gran avance, pois as bibliotecas ao igual que o resto de institucións educativas deben modernizarse e actualizarse para poder ofrecer unha oferta de recursos moito maior a quen queira ou necesite facer uso de eles.