ENQUISA 6º PRIMARIA

A raíz de meu irmán que ten 11 anos (6º de primaria) e non para de pedir un teléfono móbil propio, decidín facer unha serie de preguntas e recopilalas nunha “enquisa” que lle din a todos os compañeiros da súa clase (20). As súas idades comprenden entre os 11 e 12 anos.

Así que falei coa súa profesora e a semana pasada me acerquei á súa clase, donde tiven a oportunidade de explicarlles que estou intentando saber a grosso modo as relacións que están tendo coa tecnoloxía e sobretodo Internet, expliqueilles a enquisa por se tiñan algunha dúbida e tamén falei con eles das redes sociais un pouco. Na pregunta 11 da enquisa pregunteilles qué tipo de redes sociais empregaban pero non engadín Youtube, a cal, falando con eles me decatei que empregan case todos. Uns para escoitar música, outros para ver xogos e bastantes deles seguen youtubers, e cando mencionei ao famoso Auron Play todos o coñecían ou polo menos escoitaran falar del.

Das enquisas obtiven os seguintes resultados: 

10/20 teñen teléfono móbil propio. Dos 10 restantes, a metade teñen tablet propia que empregan case como móbil xa que me dixeron que incluso a utilizan como despertador, para ver o Instagram, Youtube…

De todos eles, 12 se conectan a Internet os fins de semana, e 8 todos os dias.

5 consideran Internet seguro, fronte a 15 que non.

Dos que non teñen móbil: 6 empregan os de seus pais, e destes, 2 poden empregalo todos os días. Afirman facelo entre 20 minutos e “poucas horas”

Dos rapaces e rapazas que SI teñen mobil, 9/10 teñen Internet neste, as idades do primeiro móbil comprenden entre os 8 e os 12 anos, cunha media dos 10 anos. E, tiveron, ata agora entre 1 e 4 móbiles, predominando os que tiveron un e dous. 

Destes nenos, antes de ter o seu propio xa 8/10 empregaban os teléfonos dos pais. E só a metade deles poden empregalo todolos días adicándolle unha media de 2h. aproximadamente. 

3 de todos eles empregan o teléfono como despertador tamén, e a 7 deles en varias ocasións lles castigaron sen él. 

Ningún o leva á escola.

Polo xeral, o empregan para facer chamadas, mensaxes e escoitar música.

Dous deles teñen mellor móbil que seus pais, e 3 afirman non ser capaces de pasar un día sen él.

2/10 o empregan estando con amigos e demais xente.

Ningún afirmou empregar as redes para criticar á demais xente

Á maioría deles non lle importa se esquece o móbil na casa, pero certo é que houbo algúns que marcaron “Volves a túa casa a por él” e “Sintes como se te faltara algo, xa que forma parte da túa vida”

A resolución da pregunta 11 foi a seguinte:

Whatsapp 9

Instagram 11

Skype 7

Correo electronico 11

Facebook 7

Snapchat 5

Twitter 3

Ask 2

 

As miñas conclusións e comparacións coa miña experiencia (sempre xerais, xa que son consciente de que non podo facer ningunha afirmación) foron as seguintes:

 

Respecto ás conexións a Internet, para estas idades me parece o máis coherente todos aqueles que soamente poden conectarse os fins de semana, porque é certo que é unha ferramenta moi útil, polivalente e necesaria pero tamén considero que son nenos e teñen que disfrutar tamén de outras cousas. Sempre que sexa un uso responsable e equilibrado, estará ben xa que a través de Internet tamén se aprende, pero non hai que esquecer que son nenos e eu persoalmente considero que se conecten todolos días para mirar as redes sociais con 11 anos, ( non falo de traballos para a escola, xa que sería diferente) é excesivo. 

Soamente 5 consideran Internet seguro, poucos comparado co grupo total, pero que xa son moitos tendo en conta a importancia do tema. Me parece que estes nenos teñen falta de información sobre os grandes peligros que aporta este portal, a cal se debería encargar de aportar o colexio e os pais.

Gustaríame haberlles preguntado por qué non consideran Internet seguro e reflexionar en colectivo pero tiven que marchar en canto remataron as enquisas para que a profesora puidese continuar a clase con normalidade.

Respeto a que a metade teñan móbil, e que algúns deles xa o teñen dende os 8 anos, considero que cada vez se vai tendo a idades máis tempranas xa que a xente do meu redor mais eu, comezamos a telos a partir do instituto, e con estas idades cústame entender cánta necesidade del teñen. Eu creo que en moitos casos é unha arma máis de comodidade dos pais para que os fillos “non lles rompan a cabeza”, e o que eu creo que en relaidade están facendo é crearlles outra dependencia aos fillos.

Tamén, sempre baixo meu punto de vista, me parece esaxerado que teñan xa datos no teléfono, nós os primeiros aniños con teléfono donde había wiffi ben, e donde non tamén, ai, cánto nos costou a todos convencer a nosos pais para pornos datos!

Me parece xa moito os que tiveron 2 móbiles, e os que marcaron ter 3 e 4 me parece unha barbaridade… igual que aqueles que os teñen mellores  que os pais. Non entendo esa necesidade para o uso que eles realmente lle dan.

Sobre empregalo como despertador, soamente son 3 (sen contar cos que usan a tablet como despertador), eu o miro como unha proba máis de cómo un “mal” ou excesivo uso destas tecnoloxías nos separa das nosas rutinas. Estou segura de que antes de ter teléfono os despertaban os pais, e, aproveitando que estou dando a miña opinión, me da moita pena cambiar iso. A min sempre me gustou que me despertase miña nai, incluso cando xa ía ao instituto e tiña móbil.

Que os castiguen xa sen móbil quere decir que é algo que lles doe aos nenos; cambiaron os castigos de “a próxima non durmes en casa de X”, “hoxe non vas a xogar con X”, ou “o finde non vas ao cine” por quitarlles o teléfono porque posiblemente lles fastidie máis. A min isto aos 11 anos me parece preocupante, e me da moita pena que non vivan a infancia da mesma maneira que eu.

En canto a que 3 non poidan pasar un día sen móbil deixa moito que reflexionar, xa que son as mesmas persoas que dixeron que se esquecen o móbil na casa ou volven a por él, ou senten cómo se faltara algo, xa que forma parte da súa vida . Aquí a dependencia da que falei antes. 

 

Con todo, non quero decir que debemos eliminar da súa vida os novos recursos tecnolóxicos, xa que estes nos ofrecen unha gran cantidade de vantaxes, que os cativos tamén deben coñecer e facer uso pero sempre de maneira coherente e correspondente cas idades.

 

*NOTA: A enquisa que lles fixen subina como arquivo.

Comentarios

  • Raquel Barreiro

    Hola Nuria!

    La verdad es que al ver tu encuesta me doy cuenta de la gran diferencia que hay a como eran las cosas cuando yo tenía su edad, y apenas pasaron diez años. Yo tuve mi primer teléfono móvil con 16 años y desde entonces sólo he tenido tres, y si los he cambiado es porque ya me funcionaban mal. 

    El teléfono móvil hoy en día llega casi antes que la adolescencia, y parece que muchas veces entre los chavales funciona como un indicador de madurez frente a un/a compañero/a que no lo posee. Quizá lo más alarmante de todo no es que tengan un teléfono, si no que ya estén inmersos en el mundo de las redes sociales desde tan pequeños sin haber desarrollado aún unas compatencias digitales plenas y adecuadas.

    ¡Muy interesante que hayas realizado la encuesta!

  • Milagros

    Moi boas tardes Nuria!!

    Creo que a enquisa que lles fixeche é unha gran ferramenta para poder saber mais sobre que tipo de tecnoloxías usan, cales, como e durante que tempo. A verdade e que como ben dis ti e a compañeria Raquel, cambiou moito estas novas xeracións comparando coa nosa ou outras máis antigas. Sorpréndeme que xa teñen todo tipo de aparatos tecnolóxicos coa súa idade e incluso máis de un, o que me parece unha esaxeración.

    Queda moi claro con esta enquisa, que o móvil para os menores e cada vez mais importante para eles, xa que o utensilio que se lle fai e variado. Penso que a tecnoloxía é algo bo, sin emabrgo para menores destas idades non vexo necesario que esteñan tan sumerxidos en diferentes redes sociais, as cales só poden acceder con 18 anos pero é moi fácil acceder sen problema, o que me preocupa bastante.  

  • Andrea Rodríguez Caamaño

    Boas días Nuria!

    Pareceume moi interesante esta enquisa, xa que eu tamén teño un irmán máis pequeno e cursa 1º da ESO. Estou de acordo tamén co comentario de Raquel sobre cómo foron cambiando as xeracións no tocante ao uso da tecnoloxía. Recordo que o meu primeiro móvil mo compraron cando tiña 15-16 anos e non me deixaron ter internet nel ata que tiven 17-18. Hoxe en día a miña prima de 6 anos ten móvil, o que me parece moi desapropiado posto que me parce unha idade moi pequena. Considero que os nenos/as de hoxe en día desaproveitan moito os xogos, disfrutar das amistades, e dicir, a vida que os rodea, por adentrarse nas novas tecnoloxías. Concordo contigo en que non é necesario eliminar da súa vida este recurso, pero sempre e cando os pais adapten o seu uso a cada idade do seu fillo/a.

  • Sandra Araujo Javier

    Hola Nuria! Chámanme moito a atención todos os datos que aportas sobre a enquisa que realizaches. Como as nosas compañeiras mencionan, as novas xeracións viven por e para a tecnoloxía, xa que dende moi pequenos están inmersos nese mundo. Eu recordo que me regalaron un móbil con 10 anos, pero que se me estropeou porque non lle daba ningún tipo de uso. Ningún dos meus amigos tiña móbil e, sen dúbida, para min non foi nada 'emocionante' telo.

    Como comentei nun post, hoxe en día os pais entréganlles os seus móbiles aos fillos mesmo antes de que cumplan un ano, simplemente para que estean entretidos. Teño visto a moitos pequenos que, sen saber ler, controlan o desbloqueo do móbil e son verdadeiros xenios en xogos de estratexia.

    A tecnoloxía é o presente e, aínda máis, o futuro. Polo tanto, como ben dis, non debemos eliminar esta ferramenta da vida dos máis pequenos, pero si que é necesaria unha educación tecnolóxica para saber como distribuír o seu uso e, sobre todo, para comprender aquilo que non é seguro, do que si o é.

     

  • Nerea Patiño Fontenla

    Al igual que a mis compañeras, me parece muy interesante que hayas realizado una encuesta sobre el uso del móvil y tablets en niños/as de sexto curso de Educación Primaria, y lo más importante, que nos hayas dotado de la posibilidad de conocer los resultados. A la vista de los datos que nos muestras, no he de decir que me hayan sorprendido, puesto que teniendo gente presente de estas edades en nuestros entornos más cercanos, o tan sólo con fijar nuestra atención cuando salimos a la calle, podemos apreciar a niños/as que desde bien pequeños hacen uso de estos dispositivos electrónicos. Aún así, considero que los datos son alarmantes, sobre todo, porque tal y como afirma Raquel, son edades tempranas en las que el dominio de la competencia digital es practicamente nulo. Esto no quita que puedan tener potencialidades enormes las nuevas tecnologías y en concreto, el uso de los dispositivos mencionados, si bien, debemos ser conscientes de la necesidad de modificar las actitudes de los niños/as hacia las mismas. Desde el ámbito educativo debemos luchar por ello, no sólo con los niños/as, sino que debemos incluir a las familias y hacerles también a ellos conscientes de las repercusiones que trae consigo un uso abusivo de las mismas, y sobre todo, un uso no seguro en la red, ya que en esas edades no considero que un niño pueda llegar a ser consciente por sí mismo de los peligros que puede tener internet, y e muchos casos, las familias tampoco. Desde los centros educativos deben enseñarles las potencialidades educativas que tienen, acercarles a las mismas, pero también hacerles conscientes de cual debe ser el uso que deben hacer de las mismas. Esto requiere de un apoyo importante de los entornos familiares y de una modificación en las formas en las que desarrollan sus vidas.