Os nenos na publicidade.

Investigando para a miña publicación anterior, encontrei diversos artigos que trataban o tema da utilización de menores na publicidade, xa que se están convertendo nunha imaxen fundamental nos reclamos comerciais de máis éxito. O motivo non parece radicar só no adorables que semellan, senon que está moi ligado aos cambios que se veñen producindo dende hai décadas na nosa sociedade; Hoxe en día, os pais atenden moito mellor as necesidades e desexos dos seu fillos.

As tempordas nas que isto se fai máis evidente son as seguintes: Nadal, Setembro, e a finais de curso, xa que ambas as tres implican períodos de gran desembolso económico por parte dos pais.

Non só se utilizan en publicidade relacionada cos obxetos de consumo dos menore, senón que tamén se está a utilizar -e case a explotar- a imaxe da "familia feliz" para anunciar dende un novo deterxente, a un coche ou unha compañía de seguros... En moitos casos utilizando mensaxes de tipo emocional: "o mellor para os teus".

Hoxe por hoxe, tanto os consumidores como diversos psicólogos califican esta práctica de pouco ética, ata o punto de que a propia Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC) leva tempo loitando por cambios a nivel lexislativo que prohíban ou restrinxan o uso de menores en publicidade, sobre todo naquela non orientada a súa idade.

A pesar diso, e dende o meu punto de vista, o mais axeitado sería visibilizar esta problemática [en conxunto coa da propia influencia consumista da publicidade para nenos] para que estes movementos poidan tomar máis forza, se fagan escoitar e poidan acadar cambios sustanciais con respeto a dita situación.

REFERENCIAS:

•Grupographic (2014), Los niños en la publicidad. Recuperado de: http://grupographic.com/los-ninos-en-la-publicidad/

•Pereda, Olga (2003), Guerra a la utilización de los niños en la publicidad. Madrid. Recuperado de: http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/sociedad/guerra-utilizacion-ninos-publicidad_33518.html