Decálogo para o bo uso do whatsapp

Por Marina Comentarios (1)

Hoxe vin unha noticia que me transladou á esta materia, era sobre a Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogo/as de Galicia (APEGA), na que dicían que esta entidade presentou un decálogo de boas prácticas para o uso de mensaxerías instantáneas coma o Whatsapp no ámbito escolar.

Este decálogo vai dirixido tanto aos nenos como aos profesores e sobre todo aos país. Unha das cousas que pretenden coa súa elaboración e dar resposta á necesidade emerxente que se manifesta por diversas vías e que ten como foco central o uso incorrecto e desmedido dos nenos e adultos do whatsapp.

A proposta fala de dez normas a seguir para facer un bo uso desta ferramenta, centrándose sobre todo no que se pode dicir e o que non cando unha mensaxe pasa do ámbito privado a un no que participan moitas persoas, moitas destas descoñecidas.

APEGA, quere reivindicar o uso deste decálogo en tódolos centros educativos, salienta o papel do profesor á hora de permitir ou non o uso desta ferramenta, e recorda que a mensaxería electrónica non pode converterse nun substituto da relación presencial entre país e profesores, nin nun instrumento para transladar as responsabilidades escolares dos nenos e nenas cara os seus pais. Salienta que os pais deben saber empregar este tipo de ferramentas para que os seus fillos fagan un bo uso das mesmas no futuro.

No decálogo reflexanse estas boas prácticas:

  1. O whatsapp ha de satisfacer necesidades concretas de información que non poden ser transmitidas por outras redes sociais alternativas.
  2. O seu usuario debe diferenciar entre o que é público e o privado cando comparta imaxes ou comentarios comprometidos. No segundo caso, deberá limitar a información confidencial ás persoas de maior confianza.
  3. Evitar que por comodidade o whatsapp acabe converténdose no método de comunicación por excelencia con tódalas persoas do seu entorno.
  4. Os grupos de whatssap deberán restrinxirse á súa finalidade exclusiva; é dicir non terán cabida mensaxes ou vídeos que non cumpran co seu obxectivo concreto.
  5. Evitar repetir mensaxes e información que xa foron emitidos por outros membros e que non aportan nada novo á conversación.
  6. Dende o punto de vista dos pais, evitar que o whatsapp sexa unha axenda escolar particular, non deberá converterse nunha solución para todo, restrinxindo as responsabilidades e as consecuencias dos actos dos nosos fillos.
  7. Debemos seleccionar a información que se transmite e a quen se lle envía, especialmente cando é de índole privada, para evitar que se converta en viral.
  8. Evitar mirar o whatsapp cada pouco tempo. Este acto reflexo exercerá sobre nós síntomas de ansiedade e dependencia.
  9. Evitar que o whatsapp sexa un método de control sobre outras persoas, coñecendo se está concetada, se leu a mensaxe, se está respondendo, etc.
  10. Non olvidar que o whatsapp é só unha forma de comunicarnos. Non deixes que se convirta na túa forma de vida.

 Poderíamos pensar que estas dez normas que aquí se presentan, expoñen unha información ou unhas pautas que tódalas persoas seguirían pero, realmente isto non é así, poñen ao noso alcance ferramentas que non traen un “libro de instruccións” por dicilo de alguna maneira e acabanse apoderando de nós, sen darnos conta somos dependentes delas e non nos paramos a pensar ou reflexionar en cal é o uso adecuado das mesmas. Paréceme unha iniciativa moi interesante a que levaron a cabo, pois tendo presente ese decálogo estaremos avanzando un paso máis alá de como facer un bo uso das novas tecnoloxías, sigo pensando que queda moito camiño por percorrer pero que pouco a pouco se pode conseguir.

 

 

Comentarios

  • Milagros

    Bos días!!!
    Pareceme unha gran novidade este tipo de proxectos que APEGA realiza. Debido a que esta ferramenta, o whassap, pouco a pouco convirteuse nun método de comunicación para todos, xa sexan entre os nenos ou maiores. O que fai que a comunicación presencial acabe por ir apartándose e se deixe paso as novas tecnoloxías para realizar a comunicación.
    É unha gran forma de que pais e nenos aprendan a utilizar o whassap, para saber o que é, e como aprender a que non esteñemos con el todo o día.
    Persoalmente, vexo todos os días que esta ferramenta tecnolóxica se apodera de todos, ata para tomar un café, polo cal vexo que APEGA está realizando un traballo excelente.