• Blogs
  • Milagros
  • Novos desenvolvementos tecnolóxicos para a sociedade

Novos desenvolvementos tecnolóxicos para a sociedade

Moi boas tardes a tod@s!!!

Hoxe, despois das charlas de Silvia e Sandra, dúas pedagogas que están traballando en diferentes ámbitos e que nos obsequiaron coas súas experiencias, chamoume a atención o ámbito das empresas. Mais ben está incorporada ao deseño de materiais didácticas dixitais. É un territorio descoñecido para min, xa que en Galicia existen poucas empresas onde estean incorporados os pedagogos. Por iso me puxen a buscar diversas empresas que traballen con produtos dixitais e a vez introduzan a este tipos de profesionais, xa que nun futuro podía ser eu.

Sen embargo, apareceume unha páxina que me chamou a atención sobre unha a fundación de tecnoloxías sociais (TECSOS), o que me fixo seguir indagando nela.

 Nos diversos blogs que publicamos, sempre se fixo referencia en que as tecnoloxías nos axudan en diversos traballos e ámbitos, a vez que nos fan a vida mais doada e o noso aprendizaxe resulta ser mais exitoso se as tecnoloxías se encontran de por medio.

Pero non só dentro dunha escola se pode utilizar aparatos tecnolóxicos, senón que en diversas institucións ou fundacións son empregadas para desenvolver certas carencias que representan, por exemplo TECSOS. Esta trata de unha fundación creada pola Cruz Roxa Española e a Fundación de Vodafone España no ano 2002. Na propia páxina web, que vos deixo nas referencias bibliográficas, explica perfectamente para que se chegou a crear. Por un lado, para cumprir o propio obxectivo de resolver as necesidades sociais e mellorar as condicións de vida daqueles grupos mais desfavorecidos, utilizando as aplicacións das novas tecnoloxías; e por outro, realiza diversas actividades de investigación e prevención.

Chamoume a atención que ofrecen un servizo as persoas que sofren alzheimer e as súas familias. Xa que crearon un programa chamado LoPe que mantén localizadas esas persoas que sofren dita enfermidade a través dun dispositivo móbil. Así por se chegan a perderse ou desorientarse, os familiares saberían a posición exacta en onde se encontran.

Mostran diversos proxectos que realizan a través das novas tecnoloxías para lograr esa axuda social cara a sociedade, os cales podedes ver na súa páxina web http://www.fundaciontecsos.es/?gclid=CLfy38fR0dMCFSoo0wod7IEIjw

O que mostra, ao meu parecer, unha vez mais, que as novas tecnoloxías e aplicacións que se están desenvolvendo poden axudar moito mais dos que todos creemos, xa non só no ámbito escolar que é o que mais nos referimos, senón xa a un ámbito social que nos implique a todos directa ou indirectamente. Creo que este tipo de aplicacións, como as que crea TECSOS, son as que verdadeiramente nos poden ofrecer unha gran axuda, resolver certos conflitos, darlles apoio a esas persoas mais desfavorecidas e menos sociables a través de diversas redes sociais e aplicacións,... Isto móstrame outra cara da tecnoloxía na sociedade.

Ademais, teño que destacar que diversos autores destacan a importancia das TICS en diversos ámbitos, xa Thompson e Strickland, (2004) definen as tecnoloxías de información y comunicación, “como aqueles dispositivos, ferramentas, equipos e compoñentes electrónicos, capaces de manipular información que soportan o desenvolvemento e crecemento económico de calquera organización.  Cabe destacar que en ambientes tan complexos como os que deben enfrontar hoxe en día as organizacións, só aqueles que utilicen tódolos medios ao seu alcance, e aprendan a aproveitar as oportunidades do mercado visualizando sempre as ameazas, poderán lograr o obxectivo de ser exitosas.”

Vós que opinades???

Referencias bibliográficas:

Fundación Vodafone España (s.f.). Comunicación ¿Quiénes somos?¿Qué hacemos? [Consultado 2 de maio de 2017]. Recuperado de http://www.fundacionvodafone.es/noticia/la-fundacion-vodafone-espana-cruz-roja-espanola-y-tecsos-ofrecen-soluciones-para-mejorar-la

Linkedin. (2017). Mantente al día de lo que pasa en Fundación de Tecnologías Sociales – TECSOS. [Consultado 2 de maio de 2017]. Recuperado de http://es.linkedin.com/company/fundaci-n-de-tecnolog-as-sociales---tecsos

Naya De Vita, M. (2008). TECNOLOGÍAS DE INFORMACIÓN Y COMUNICACIÓN PARA LAS ORGANIZACIONES DEL SIGLO XXI. Revista CIGAG, 5. [Consultado 2 de maio de 2017]. Recuperado de http://publicaciones.urbe.edu/index.php/cicag/article/viewArticle/545/1317

 TECSOS. (2016). Fundación Tecnologías Sociales. [Consultado 2 de maio de 2017]. Recuperado de http://www.fundaciontecsos.es/?gclid=CLfy38fR0dMCFSoo0wod7IEIjw