Unha aplicación galega mide a felicidade a partir das caras

¿Pódese medir a felicidade dunha persoa a través dunha aplicación de ordenador?

Esta pregunta fixerona  os enxeñeiros Daniel González Jiménez e Luis Pérez Freire nas instalacións que o centro ten na Universidade de Vigo.

image

Como di na noticia da Voz de Galicia[1] “A felicidade é obxectiva, pero pode medirse. ¿Como? A través dunha aplicación tecnolóxica desenvolvida polo Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia” esta aplicación é capaz de medir as emocións a través do recoñecemento automático das expresións faciais.

Esta aplicación xorde dunha liña de investigación que ten como finalidade utilizar múltiples sensores (vídeo, audio ou sinais fisiológicas) para modelar e comprender comportamentos e estados afectivos e cognitivos humanos: felicidade, tristeza, medo, sorpresa, interese ou aburrimento.

É curioso, que una aplicación poida medir a felicidade dunha persoa, e moitas veces nos mesmos intentamos ver se a outra persoa é feliz, e non somos capaces de recoñecelo.

Ver o seguinte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/05/29/aplicacion-gallega-mide-felicidad-partir-caras/0003_201205G29P28993.htm?idioma=galego