Vídeo en proceso!!!!

Boas tardes a todos e todas!!!!

Como na última clase interactiva estivemos vendo o vídeo en xeneral, e moitos dos meus compañeiros e compañeiras xa publicastes blogs relacionado con el, pos considero que esta semana a miña publicación ten que ser referente a realización de vídeos pero visto dende outro punto.

Como tarefa, temos que crear un vídeo que represente o noso proxecto tecnolóxico, os cales teremos que entregar o día 29. Como só nos deu tempo a ver algo por riba, considero bastante importante facer referencia a algúns programas gratuítos que nos faciliten esa creación. Sobre todo para aqueles, que coma min, non controlan moito do tema e temos moitas dificultades para saber como facer. Por iso a continuación mostro unha serie de programas que creo que vos poden servir de axuda, ou polo menos eso espero xa que a min me serviron de orientación. Ademais, reflexo que grazas a búsqueda que realicei a través de internet, puiden encontrar con facilidade programas gratuítos.

Primeiro encontrei FILMORA- o editor de vídeo potente e simple. Esta aplicación ten un gran número de características de todo tipo, as cales se converten de gran axuda apra montar un gran vídeo. O interfaz que ten, conta con diferentes elementos añadidos dende a biblioteca. Na zona de pistas existe unha barra de ferramentas, onde poderás costruír o vídeo como ti desexes. Ten unhas funcións avanzadas como pantalla verde, cámara lenta, pantalla partida, filtros, textos, elementos animados. Ademais, permite compartir os vídeos en iPad e diversas redes sociais.

En segundo lugar temos Windows Movie Maker,  esta é unha ferramenta de edición gratuíta para Windows, coa que se poden crear películas mediante un simple arrastrar e soltar. Ten diversas funcións como añadir efectos de vídeo, transiccións, títulos, pistas de audio,... Unha cousa que ten a destacar e que che permite modificalos utilizando o código XML.

En terceiro lugar, Wax, considérase un programa para editar vídeos flexibles e de gran rendemento, son moi útiles para profesionais. O bon que ten Wax, e que pódese usar como complemento para outros editores de vídeos.

En cuarto lugar, Avidemux, que é un editor de vídeo gratuíto, diseñado para tarefas de edición de vídeos simples, como por exemplo cortar, filtrar, codificar, añadir animacións,... Neste desataco que admite varios archivos, como por exemplo o AVI, MPEG que son compatibles con DVD, MP4 e ASF.

E por último elixín o ZS4 Vídeo Editor. É un programa que está moi ben para a edicción e composición do vídeo que proporciona en multimedia a facilidade de combinar fotos, vídeos, imaxes, audios,...

Estes son algúns dos mais fáciles de manexar, xa que non require de moito esforzo para realizar o vídeo, debido a que o programa vaino modificando como ti queiras. Sen embargo encontrei diversas páxinas onde seguían aparecendo diferentes programas segundo o tipo de vídeo que queiramos construír, tanto para profesionais como para os que non o somos.

Unha vez, as diversas innovacións tecnolóxicas que existen lograron facilitarnos a vida, e neste caso a realizar un traballo de clase. Que vos parece este tipo de programas? Son verdadeiramente útiles??

Nas referencias déixovos as páxinas e os blogs que atopei por se queredes saber mais deles!!! Moita sorte e ánimo :)

 

Referencias bibliográficas:

CCM (2014). Windows Movie Maker. [Consultado 17/05/2017]. Recuperado de http://es.ccm.net/download/descargar-12135-windows-movie-maker

Faq-Mac (2015). Filmora, para los que no entienden iMovie. [Consultado 17/05/2017]. Recuperado de http://www.faq-mac.com/2016/06/filmora-los-no-entienden-imovie/

García, T. (2008). Avidemux: Editor de video. [Consultado 17/05/2017]. Recuperado de http://www.neoteo.com/avidemux-editor-de-video-5188/

Gonzáles, M. (2017). Los mejores 10 programas gratuitos para la edición de video para Windows. [Consultado 17/05/2017]. Recuperado de https://filmora.wondershare.es/video-editor/free-video-editing-software-windows.html

Morales, D. (22 de xaneiro de 2017). Los mejores programas para crear y editar vídeos en PC y Mac. [Blog de aula CM]. Recuperado de http://aulacm.com/programas-edicion-videos/

Comentarios

  • Sandra Araujo Javier

    Boas noites Mila!

    Increíble a aportación que fas. Para min, o feito de ter que realizar un vídeo está supondo unha dor de cabeza importante, xa que os meus coñecementos sobre montaxe e edición de vídeos son moi escasos, por non dicir nulos. Ao igual que ti, non coñezo en profundidade ningún programa que me permita montar e elaborar un vídeo e, moito menos sei cales son as técnicas necesarias para a montaxe.

    Creo que fas unha aportación moi importante para as persoas que, por exemplo coma min, non temos nin idea deste ámbito e enfrontarnos á realización dun vídeo e todo un desafío.

    Confío en que consigamos elaborar un vídeo que exprese con claridade o que o noso proxecto é, así como aquilo que pretende conseguir. Ánimo!

  • Noelia Casal

    Ola Milagros! Ao igual que Sandra, o meu coñecemento sobre a edición de vídeos era bastante escaso. Coñecía algúns dos programas que mencionas pero non sabía usalos para nada.

    Esta entrada pode servirnos de axuda a moitos que nos atopamos ante un gran desafío coa creación deste vídeo que represente o noso proxecto.

    A verdade é que creo que esta actividade nos axudou a todos a coñecer un pouco máis sobre estas ferramentas e á adquisición de habilidades para poder traballar con elas e conseguir transmitir o que queremos de forma audiovisual.