A máquina de Skinner

Repansando algún blog da nosa profesora Adriana, vin os instrumentos/tecnoloxía que se empregaron ó longo da historia nas aulas, indo do máis rudimentario como o pizarrín ata a actual pizarra dixital.

Sen embargo o aparello que me causou curiosidade foi a Máquina de Ensinanza, realizada por Skinner.

 

Skinner defendía a idea de separar o aprendizaxe en pasos moi pequenos e que estos recibiran reforzo constantemente, así incrementaríamos o número de respostas correctas. Para esto, inventou a máquina de ensinanza, un instrumento que recollía estos aspectos.

 

Este tipo de ensinanza coñécese co nome de “ensinanza programada” ou “Instrucción Directa”, como forma de diseñar un programa educativo individualizado, definindo: obxetivos, tarefas, e actividades sobre un determinado ámbito académico.

 

A idea de Skinner surxiu ó visitar na clase de matemáticas de un dos seus fillos. Alí viu que os nenos facían problemas de matemáticas, un tras outro sin saber si estaba ben feito, é dicir, non recibían feedback. Os exercicios correxíanse días despois, o que provocaba que interiorizaban coñecementos erróneos, os cales despois era dificil modificar.

 

Para solventar o problema, Skinner diseñou este artefacto, o cal, deixaba a vista o texto parcialmente. Desta forma, o alumno lía o texto, a continuación formulábase unha pregunta ou se lle pedía unha palabra ou cifra que completaba o texto ou exercicio a realizar. Inmediatamente, pasaba o texto podendo ver si a súa resposta era correcta ou non, e de ser fallida, darse conta no momento e modificala.

 

Os aspectos positivos desta ensinanza programada son:

  • o alumnos sabe inmediatamente en que aspectos falla,

  • están máis concentrados, '

  • este aprendizaxe individualizado aumenta a motivación do alumno

  • o ritmo adaptase o alumno

  • a actividade o dividirse en pasos moi pequenos aumenta a capacidade de comprensión

  • delimitándose mellor os aspectos nos que se falla

 

 

Conclusión:

Esta máquina que parece primitiva, está basada nunha teoría que aínda hoxe non se atopa nas aulas.

Eu mesma me encontrei coa dificultade en matemáticas de levar un ritmo máis avanzado a miña capacidade de compresión o que me producía unha enorme desmotivación hacia esta materia. Ademais o profesor non se molestaba en darme un reforzo individualizado vendome na obriga de ir a unha academia.

No meu instituto había pizarras dixitais que se empregaban para facilitar a exposición do profesor, sen embargo, nunca fixemos exercicios interactivos nela; nunca empregamos a pizarra dixital para realizar exercicios guiados que nos correxiran inmediatamente.

 

Non se trata de volver a máquina da ensinanza se non de partir da base teórica e aplicala as tecnoloxías actuais. De programar un método de aprendizaxe que se acomode o ritmo de cada alumno, desta forma, a quen se lle de ben unha materia poderá avanzar rápidamente marcando novos obxetivos e metas; e a quen lle coste, realizará este proceso en máis tempo. O importante é que os alumnos estén motivados a aprender, e que antes ou despois, todos adquiran e interioricen ese aprendizaxe.

 

Como podedes ver a máquina é antigua e moi rudimentaria, sen embargo, a idea teórica que surxe detrás, é innovadora incluso para os nosos días. Como futuros pedagogos, de nós depende formar profesorado formado nas correntes máis importantes, e que sexan capaces de aplicar de forma eficaz e eficiente as innovacións teóricas nas prácticas educativas.

 

Por último, deixo un video de Skinner explicando como se emprega esta máquina, que obxetivos promove e as súas vantaxes: