Cómo vemos o vídeo???

Como na última clase interactiva que tivemos que Tecnoloxía Educativa falamos do vídeo, busquei certa información del, ademais do que xa demos na clase e que o resto dos meus compañeir@s publicaron nestes días.

O vídeo como método educativo é difícil poder definilo. Sen embargo este dispositivo converteuse nun gran apoio para os profesores, o cal lles facilita a transmisión de coñecementos e aos alumnos facilítalles asimilalos dunha forma mais fácil e diferente.

Segundo Ramos (1996), considera o vídeo como “aquel que cumple un objetivo didáctico previamente formulado”. Ademais a través de M. Cebrián (1987), podemos ver como distingue catro tipo de vídeos diferentes:

  • Curriculares: os cales adáptanse a programación da asignatura.
  • Divulgación cultural: o que se encarga de presentar a unha audiencia dispersa aspectos relacionados con determinadas formas culturais.
  • De carácter científico-técnico: expóñense contidos relacionados co avance da ciencia e a tecnoloxía, ou explícase o comportamento de fenómenos de carácter físico, químico ou biolóxico.
  • Vídeos para a educación: son os que se utilizan como os recursos didácticos e que non foron especificamente realizados coa idea de ensinar.

Pero se nos fixamos na clasificación que realiza M. Schmidt (1987), pero esta está orientada cara unha función dos obxectivos didácticos que poden alcanzarse co seu uso:

  • Instrutivos: encárganse de instruír ou lograr que os alumnos dominen un determinado contido.
  • Cognoscitivos: pretenden dar a coñecer diferentes aspectos relacionados co tema que están dando.
  • Motivadores: utilízanse para dispoñer positivamente ao alumno cara un desenvolvemento dunha determinada tarefa.
  • Modelizadores: presentan modelos a imitar ou a seguir.
  • Lúdicos ou expresivos: destinados a que os alumnos podan aprender e comprender o linguaxe dos medios audivisuais.

É importante saber que para poder facer un vídeo educativo, é necesario facer unha investigación previa e un esquema sobre o que pretendemos comunicar e como queremos facelo. Temos que ter claro que deberá levar, é dicir, se levará sonido, controlar os aspectos técnicos como a cámara de gravación, a resolución do vídeo, a edición con software apropiado e a subida do vídeo a unha determinada páxina web que sexa accesible con unha conexión a internet.

Sabemos que hoxe en día o vídeo é un dos recursos didácticos que mais se utilizan, xa sexa para adquirir certos coñecementos teóricos como para poder servir de entretemento. Polo que existen unha clasificación peculiar del:

  • Vídeo lección: este utilízase sen a presenza do profesor, o cal é moi usado na educación a distancia. Permite aos educadores apropiarse de coñecementos, observar a execución de técnicas e demostracións, propiciar a creación de habilidades e sistematizar a súa preparación técnico-profesional.
  •  Vídeo de apoio: o profesor chega a utilizalo como un medio de ensinanza mais ao desenvolver unha conferencia, clase teórico-práctica, clase práctica ou unha clase de laboratorio.  Este facilítalle a execución de tarefas docentes, reproducir fenómenos, demostracións, técnicas, etc.
  • Vídeo interactivo: neste emprégase un profesor-facilitador, dende unha nova perspectiva, con unha metodoloxía activa e participativa do docente.
  • Paquete didáctico: obtén diversos medios de aprendizaxe (textos, guías metodolóxicas, vídeos,...) é o ideal para a autopreparación, os estudos dirixidos e a distancia.

En realidade a través dun vídeo podemos aprender tanto??? Vós que pensades???

 

Referencias bibliográficas:

Bravo Ramos, J.L. (1996). ¿Qué es el vídeo educativo?. Comunicar: revista científica iberoamericana de comunicación y educación. (6), 100,105. [Consultado 21/05/2017]. Recuperado de http://www.ice.upm.es/wps/jlbr/Documentacion/QueEsVid.pdf

INTEF (2017). El vídeo como una herramienta didáctica. [Consultado 21/05/2017]. Recuperado de  http://www.educacontic.es/blog/el-video-como-herramienta-didactica

Instituto de Tecnologías Educativas (s.d.). Tic en Ciencias Sociales. Módulo 9: La sociedad feudal. Edición de vídeo. [Consultado 21/05/2017]. Recuperado de http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/131/cd/modulo_9/el_vdeo_digital_y_su_uso_didctico.html

Lamagiadelosangeles (26 de julio de 2012). Importancia del vídeo como facilitador del aprendizaje. [Consultado 21/05/2017]. Recuperado de https://apoyoenpedagogia.wordpress.com/2012/07/26/importancia-del-video-como-facilitador-del-aprendizaje/

Comentarios

  • Maite Prol Ledo

    Hola Mila, como hemos visto el año pasado en la materia de Didáctica con Carlos Rosales, si que considero que el vídeo es una herramienta excelente para aprender. 

    El uso del video en clase posibilita la construcción de un concocimiento significativo, ya que aprovecha el mensaje comunicativo de las imagenes, los sonidos y las palabras para transmitir una serie de conceptos o experiencias que motivena los alumnos. 

    Gracias a tu blog, tambien he visto los diferentes videos y creo que mi grupo y yo podemos hacer un buen video sobre nuestro proyecto!

  • Noelia

    Hola Mila, me he fijado en tu publicación y tengo que decir que estoy de acuerdo contigo en que el vídeo es un instrumento muy útil y, en respuesta a tu pregunta: sí, de él podemos aprender mucho. Esto es debido a que, por ejemplo, a la hora de aprender y retener un contenido, este se puede repetir las veces que haga falta; además, cuenta con diferentes ritmos y velocidades, diferentes ángulos de visión, etc. También creo que ayuda a centrar la atención en la explicación, por lo que llega a conseguir el fin perseguido: la comprensión de los razonamientos que estamos viendo a través de él.

    Por último, he de decirte que tu entrada me fue de gran ayuda, pues ampliaste la información sobre el vídeo dada en clase. Con esto, las demás miembros de mi grupo y yo podremos intentar realizarlo lo mejor posible.