• Blogs
  • Noelia
  • "Vibranxiety" ou síndrome da vibración fantasma

"Vibranxiety" ou síndrome da vibración fantasma

   vibranxiety.jpg

Pasouvos algunha vez de ir andando pola calle e coller o móbil porque o sentiades vibrar, pero ao miralo decatarvos de que non tiñades ningunha notificación cando estabades seguros de que vos estaban chamando? Pois esta sensación coñécese como “Vibranxiety” ou síndrome de vibración fantasma e é frecuente no 80% da poboación. Pero, por que se produce? Segundo a Teoría da Detección do Sinal, a razón pola cal se produce esta síndrome é a anticipación do cerebro humano. Ante un estímulo o noso cerebro pode reaccionar de catro formas diferentes: hai estímulo e decide o hai; hai estímulo e decide que non o hai; non hai estímulo e decide que non o hai; e non hai estímulo pero decide que o hai. Este último caso dáse cando se produce a vibración fantasma. Esta reacción está influenciada polo entorno e a situación sentimental na que nos atopemos e orixínase debido a que o noso cerebro considera un escenario negativo os sentimentos que se producen en nós de enfado e rabia cando non collemos unha chamada ou non contestamos unha mensaxe, de maneira que comeza a emular estímulos para previr despistes. Así, canto máis esteamos esperando a que nos chamen, máis probabilidades existen de sufrir esta síndrome.

Esta é unha das enfermidades máis comúns producidas polas tecnoloxías, xunto con outras como a nomofobia (medo a estar sen o teléfono móbil), o FOMO (medo a perderse algo), a ciberadicción (non poder vivir sen Internet) ou as persoas “smombies” (serie de distraccións xeradas pola dependencia á tecnoloxía que poden resultar fatais para a persoa).

A día de hoxe, estas enfermidades non son tan estrañas, xa que a maior parte da poboación (entre a cal me inclúo) padéceas. Este feito pode deberse ao importante papel que xogan actualmente as tecnoloxías no noso día a día, xa que todos estamos hiperconectados e xestionamos a maioría das nosas actividades a través do móbil. Por iso, considérase necesario educar en competencia dixital, para que as persoas utilicen as tecnoloxías dunha maneira segura e responsable, evitando que se orixinen adiccións deste tipo producidas polo seu excesivo consumo. 

 

Referencias bibliográficas:

http://elpais.com/elpais/2015/06/25/masterdeperiodismo/1435222559_337110.html

http://noticias.universia.net.mx/educacion/noticia/2016/06/09/1140598/sindrome-vibracion-fantasma.html

https://hipertextual.com/2015/09/sindrome-vibracion-fantasma

http://as.com/betech/2017/03/16/portada/1489704812_109141.html

Comentarios

  • Andrea Bermúdez

    Hola Noelia. La aportación que realizas es un ejemplo más de como una mala o abusiva práctica del uso de los dispositivos tecnológicos puede traducirse en una alteración de nuestra conducta. Puede parecer algo que carezca de importancia, pero lo cierto es que, bajo mi opinión, estos síntomas deberías ser asimilados como una señal de alerta para reducir nuestra dedicación al móvil, que la mayoría de los casos, roza la adicción.

  • Milagros

    Boas tardes Noelia!!!

    Síntome totalemnte identificada coa túa publicación, xa que moitas veces sinto o que describes perfectamente no teu blog. O que me fai ver que estamos totalmente enganchados as tecnoloxías, non sabemos desconetar delas aunque sexa un par de horas ao día e incluso nin de noite, cando se debería descansar. 

    Estamos nun mundo que funciona totalmente a través das innovacións tecnolóxicas, xa sexa dentro do traballo como no tempo de ocio. A miña preocupación é que non sabemos despegarnos delas, que debemos facer para ter un uso adecuado ou correcto delas no noso día a día sin estresarnos nin estar todo o tempo preocupados. 

    Como ben dis, as enfermidades que están a acontecer xa son cada vez mais común na poboación mais nova, polo que xa é preocupante, pero se nos mesmos estamos enganchados a eles como podemos axudar?? Unha tarefa bastante difícil no mundo de hoxe.

  • Belén Campo Iglesias

    Hola noelia, sí que me ha pasado la situación de sentarme con el movil en el bolsillo y debido a la postura sentir que vibraba sin que fuese así. Me ha gustado como has explicado el concepto de forma sencilla y clara, que sin duda todos los que hayamos leído tu publicación recordaremos siempre. Estoy de acuerdo con tu idea de la necesidad de educación en competencias digitales aunque en mi opinión estas situaciones que explicas de "miedo a no contestar" debido a las consecuencia es algo que también se debe abordar desde otros puntos de vista, como el respeto hacia los demás, la excesiva dependencia de algunas personas en otras u otros temas a los que me recuerda como la violencia en pajeras jovenes y adolescentes en las que estoy segura de que se producen muchas de estas situación.

  • Sandra Araujo Javier

    Hola Noelia! Sen dúbida case todo o mundo vivimos unha situación así ao longo das nosas vidas. A tecnoloxía está presente nas nosas vidas a todas horas e, moitas veces (ou sempre), estamos pegados ao móbil constantemente, esperando unha mensaxe ou unha chamada que non da chegado ou, simplemente, visitando continuamente calquera rede socials. É máis que obvio, que precisamos un cambio dende agora, para que as xeracións máis novas non sufran este tipo de adiccións que, como ti ben dis, se poden acabar transformando en enfermidades que nos fan aínda máis dependentes. Paréceme realmente interesante a forma na que o explicaches, chegándome a túa mensaxe de xeito claro e directo.

  • Aino

    Buenas Noelia! Pues sí, lo de tener la sensación de que me ha vibrado el móvil, cogerlo y no tener nada me ha pasado muchas veces, aunque tengo que reconocer que me pasaba mucho más antes que ahora. Esto se debe precisamente a eso, a que nosotros, o yo en mi caso, no recibí ninguna formación a cerca de las nuevas tecnologías y menos de cómo usarlas de forma responsable para no acabar con adicción. Si en estos momentos soy adicta a algo es al whatsapp, pero por ser el medio mediante el cual me comunico con las personas próximas a mí o con el grupo de clase o del trabajo. Pero por el contrario, a la mayoría de las personas lo que les pasa es que son adictas a todas o a la mayoría de redes sociales habidas y por haber, lo cual me hace reflexionar mucho de a dónde vamos a ir a parar si no se forma a las personas, ya sean de 10 años como de 30 años, de hacer un uso responsable de las nuevas tecnologías y por ello de las redes sociales.