Squeak en Extremadura

Por Cristina

En referencia a entrada publicada anteriormente no meu blog, sobre Squeak, publicarei esta nova entrada na que comentarei un vídeo sobre a implantaciónde Squeak nun centro de educación secundaria de Extremadura en Valdebótoa. Este é o primeiro centro público español do que se coñece o seu traballo con Squeak.

Os profesores de dito centro educativo únense a esta iniciativa, xa que defenden que a maior maneira que pode ter un alumno de interiorizar un aprendizaxe é que o propio alumno cree o aprendizaxe.

O profesor de informática deste colexio é o principal dirixente deste proxecto. En cada clase traballa cos seus alumnos mediante Squeak, propoñendolle os alumnos a creación de actividades e xogos mediante os que realizan aprendizaxes. Este profesor, afirma que  Squeak non é un programa dificil de utilizar e que cada neno o poderá utilizar de maneira sinxela ainda que teña un coñecemento baixo de informática. Recoñece que usando Squek as súas clases son máis motivadoras para os alumnos e que estes desfrutan usando este programa polo feito de ser os propios creadores dos deus aprendizaxes.

Un dos exemplos expostos é o de presentarlle os alumnos un video sobre algún tema  concreto e despois eles deben investigar sobre este tema e crear unha simulación mediante Squeak (no exemplo concreto que se da no video tratan a vida de insectos como formigas).

O proxecto que se relata no video é un proxecto sobre Extremadura, este proxecto estará dividido en tres partes. Na primeira das partes os alumnos buscaran información sobre a población, a fauna, a flora, etc. A información recollerana en internet e poderán alternar inforamción escrita, con videos, e imaxes. Unha vez recollida a información deben crear unha libro sobre o tema tratado en Squeak. Na segunda das partes deben realizar un libro de avaliación das actividades realizadas no libro anterior. Finalmente realizaran unha galeria de imaxes.

O profesor que participa neste proxecto defende que este método innovador de aprendizaxe é moi positivo, incluso pode chegar a ser máis positivo que o método clásico no que o alumno ten que aprender por obligación unha serie de conceptos que o profesor explica sen opción apoder experimentar con eles. Tamén recoñece que é un método no que os alumnos demostran a súa creatividade e afirma que o mesmo tempo que os alumnos aprenden creáse un proceso de "feedback" no que o profesor aprende tamén.

A continuación facilito o link do video para que poidades velo todos aqueles que esteades interesados. 

http://video.google.com/videoplay?docid=-7680106513348266522