Cloud computing: seguridade ou ausencia dela?

A entrada de hoxe está centrada nun instrumento que dende sempre chamou a miña atención e no que decidín afondar co fin de entender o obxectivo do mesmo e as posibilidades que nos aporta. O concepto do que vos falo é o coñecido como cloud computing ou computación na nube.

É moi probable que todas as persoas estean empregando este instrumento non seu día a día sen decatarse: o emprego de redes sociais, xogos online ou copias de seguridade, son un claro exemplo deste fenómeno.

O cloud computing é unha nova tecnoloxía que nos permite ter todos os nosos arquivos así como a información en Internet, sen necesidade de ter que dispoñer dunha cantidade importante de espazo no que almacenar información nos nosos dispositivos electrónicos como poden ser o ordenador ou o móbil. Toda aquela información, os nosos arquivos ou calquera dato que queiramos está subida nunha especia de ‘nube’ na rede, permitindo que todas as persoas poidan empregalo sen necesidade de contar con moito coñecemento sobre o tema. Ao mesmo tempo, o cloud computing mostra unha das novas formas de negocio a través de Internet coñecidas como e-business.

Entre algunhas das vantaxes que mostra o cloud computing podemos atopar o seu baixo custo, xa que non precisa inversións en infraestruturas; a posibilidade de prescindir de capacidade de almacenamento; a dispoñibilidade de información a tempo real; ou a maior rapidez no traballo.

Unha característica importante que penso que se debe resaltar é a seguridade que esta ferramenta aporta. Non existe unha única ‘nube’, senón que podemos atopar moitas pequenas nubes separadas entre si. Existen varias posibilidades de posesión: nalgúns casos esas ‘nubes’ pertencen a compañías determinadas como Google ou Facebook; noutras son contruídas e utilizadas por empresas determinadas para un uso privado; finalmente, outras son creadas para que sexan arrendadas por persoas individuais ou empresas online.

Como xa mencionei con anterioridade, o cloud computing, está presente na vida de moitas persoas facilitándolles os accesos directos á información e aos datos. Porén, debemos ter en conta os riscos que se atopan implícitos no emprego desta ferramenta. Ao igual que en moitos outros ámbitos a ciberdelincuencia é un gran negocio no que os criminais buscan defraudar e extorsionar ás persoas roubando os datos dos usuarios para a súa compra e venda.

Todas as plataformas que crean este tipo de ferramentas encárganse de que a seguridade sexa o máis alta e verdadeira posible, aínda que segue existindo certas brechas, polo que os usuarios deben involucrarse para reducir os perigos. Podemos atopar algunhas recomendacións como as seguintes:

  • Emprego de contrasinais complexas e que non se compartan entre as diferentes contas online cando nalgunha delas se vexa comprometida.
  • Estar alerta nas redes sociais co fin de evitar enlaces e direccións estranas.
  • Evitar a apertura de arquivos adxunto nin enlaces en correos electrónicos sen verificar con anterioridade o email de onde provén.
  • Descargar aplicacións móbiles dende servidores oficiais e verificados.
  • Realizar copias de seguridade constantes e manter os navegadores e sistemas operativos actualizados nas súas mellores versións.

A maior parte das ocasións non é suficiente ter coñecementos profundos sobre a tecnoloxía, senón que debemos estar precavidos para evitar efectos prexudiciais nun ámbito tan relevante como é o que comento, no que a nosa información se atopa exposta a persoas que buscan diñeiro mediante a estafa e a extorsión.


WEBGRAFÍA 

Ferguson, R. (2012) ¿Es seguro el cloud computing? Recuperado de: https://www.revistacloudcomputing.com/2012/09/es-seguro-el-cloud-computing/

Comentarios

  • Ainhoa

    Buenos días Sandra!

    Tienes razón cuando dices que se trata de un instrumento que utilizamos a diario y a la vez desconocíamos, ya que ese es mi caso.

    Leyendo tu entrada y ahora que ya tengo claro de qué se trata el concepto de "cloud computing", he de decir que no opinión dista un poco de la tuya.

    Tu resaltas el aspecto de la seguridad que aporta la nube y yo, quizá porque lo veo como algo abstracto, considero todo lo contrario.

    Tener todos mis datos y archivos en un ente virtual, al cual, nisiquiera conozco como acceder (o si se puede), no es un hecho que me inspire demasiada confianza. De hecho, tal y como hemos visto estos días, y nombras en tu entrada , la ciberdelincuencia está a la orden del día, y si hasta a grandes empresas como Telefónica pueden llegar a sustraerle datos de máxima importancia y confidenciales, cuánto no van a poder acceder a los míos...

    A pesar de ello, es cierto que tiene muchas ventajas como el bajo coste y la posibilidad de tener almacenados todos tus documentos y datos sin consumir espacio, pero he de reconocer que la seguridad, es un tema que me preocupa, ya que cada vez son más los expertos en nuevas tecnologías y ciberataques.

  • Milagros

    Boas tardes Sandra!!!

    Moitas das facetas que ten a nube non as consideraba como acabas de explicar, xa que non controlo moito sobre ese tema. Sen embargo considero que é un gran método, xa que nos permite poder gardar certa infomación de gran relevancia para nós, así como gardar traballos, documentos,.... Isto aporta telos sempre nun espazo que sabemos que non se van borrar e podemos acceder a eles en calquera momento a través de internet.

    Sin embargo, por outro lado, non é que me dea moita confianza, xa que sigo considerando que o espazo de internet é un espazo que aíndo non controlamos moi ben, ademais de que é moi fácil que nos accedan ao noso espazo sin darnos de conta. 

  • Angela

    Hola Sandra!

    Al igual que indicáis vosotras también considero que el cloud computing tiene una serie de ventajas pero también sus peligros.

    Así, especialmente en el ámbito de la educación supone una gran posibilidad para nutrir el conocimiento de todas aquellas personas que así lo desean, sin existir ningún tipo de barreras por causas como los son el idioma, el tiempo o el espacio; además de que tal y como indicasteis no requiere de infraestructuras avanzadas. Pero al igual que los siguientes autores considero que "… es relevante mencionar que el simple hecho de tener más herramientas, más recursos, más avances tecnológicos y servicios, no es suficiente" (Blanco, Espinoza & Soto, 2014) sino que es necesaria la formación y explorar realmente lo que es el cloud computing para sacarle la máxima utilidad y favorecer al proceso de enseñanza aprendizaje.

    De este modo, en general y especialmente en el ámbito educativo puede suponer grandes ventajas pero también ciertos peligros, surgiendo un debate muy común relacionado con la seguridad y la privacidad. Así, debemos de decidir de cierto modo si lo que queremos es disponer de una gran variedad de información y la posibilidad de facilitarnos nuestras tareas (y por lo tanto una mayor libertad) o, por otra parte, contar con una mayor seguridad en donde quizás la libertad se vería más reducida a favor de la privacidad. Con la llegada de internet y aportaciones como el cloud computing cada vez tenemos la posibilidad de una mayor variedad de funciones y servicios pero estos (debido a su rápida llegada y múltiples usuarios) no puede garantizar un uso totalmente seguro.

    Es por esto que considero que debemos seguir trabajando en este tipo de programas con la finalidad de poder aprovechar sus ventajas, pero también contar con una seguridad de mayor nivel; y es en este punto que quizás la educación puede convertirse en un elemento imprescindible y fundamental.

     

    Referencias Bibliográficas:

    Blanco, S., Espinoza, F. & Soto, M. (2014). Computación en la nube, una tecnología emergente en la educación y en el sector empresarial: beneficios y desventajas desde el punto de vista operativo y ambiental. Revista Iberoamericana para la Investigación y el Desarrollo Educativo, 12, 35-37.