ESTADO DO E-LEARNING EN GALICIA.

Seguindo un pouco coa dinámica dunha das miñas últimas entradas sobre o e-learning e sobre o estado no que se atopa en Galicia.

A Área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia coordinou o Observatorio Galego de e-learning, un proxecto de investigación, o cal tivo como obxectivo analizar o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación na educación, tanto na Universidade como na empresa en Galicia.

Este estudo permite ter un maior coñecemento da penetración e utilización didácticas das TIC nas labores de profesores e das empresas que ofertan ou empregan e-learning en Galicia.

Así, podo destacar, unha vez lido o devandito estudo que son moitos os docentes que cada vez máis incorporan a utilización das TIV na súa práctica diaria, pero seguen utilizando estas tecnoloxías para reproducir o clásico modelo de ensino-aprendizaxe. Tamén dicir que as ferramentas de máis recente aparición como poden ser o weblogs ou webminars son as menos utilizadas na docencia, pero sen embargo constátase un interese nas mesmas e unha demanda destes recursos.

Tamén e bastante interesante a falta de recursos humanos especializados na utilización das TIC que formen aos docentes en metodoloxías de ensinanza innovadoras. Esta fala de formación e innovación o único que provoca é unha barreira á hora de empregar as tecnoloxías na ensinanza e na investigación en e-learning.

Relativo ao e-learning a inversión económica nesta materias é escasa. Ademais, neste estudo constátase que toda a investigación desenvolvida sobre esta temática corre a cargo de proxectos das universidades, non dispoñendo ningún grupo de investigación de asignación económica estable para a investigación en e-learning senón que están suxeitos a variabilidade dos presupostos concedidos en función dos proxectos de investigación aprobados.

Por último dicir que segundo este estudo o e-learning en Galicia, nalgúns caso é xa unha realidade cotiá, e que conta cunhas perspectivas de gran crecemento no ámbito universitario e empresarial.

Referencias: