• Blogs
  • Silvia
  • As novas tecnoloxías fan tambalear as normas básicas de educación.

As novas tecnoloxías fan tambalear as normas básicas de educación.

Podería decir moitos factores nos que as novas TICs fan que as normas básicas se tambaleen, pero estiven indagando en diversos artigos que tratan sobre éste tema, e con este que vos expoño a continuación reflíctese perfectamente o tema :

http://www.lavanguardia.com/vida/20110305/54123575626/las-nuevas-tecnologias-hacen-tambalear-las-normas-basicas-de-educacion.html

Entre todos os exemplos dos que se falan en este artigo, un dos mais chamativos é o do restaurante. Cando saímos a comer cos amigos, coa familia, etc... somos bastante respetuosos á hora de comer, posto que estamos ante unha situación de mais compromiso e protocolo. Sin embargo, estas normas que nós mesmos nos impoñemos por educación, quedan fóra cando como si de un tenedor ou cuchara se tratara poñemos o móbil encima da mesa, e non nos importa interrumpir a comida para responder a unha mensaxe ou atender unha chamada.

Este é un dos múltiples exemplos de que as novas tecnoloxías inciden nas normas básicas de educación de calquera persoa.

Tedes algunha opinión respecto a este tema? parécedevos que si que inciden, ou polo contrario que éstes só son exemplos aislados?