Protección de datos. Ata que punto?

Dende hai un tempo, sigo en Facebook á páxina oficial de La Sexta, na que cada día se publican unha gran cantidade de noticias de actualidade sobre temáticas diversas e de moitos tipos cada día. Fai un anaco, mentres revisaba a miña conta desta rede social, atopei unha noticia sobre o propio Facebook.

A noticia enfócase nuns pais alemáns, que lle piden á dirección de Facebook que lles permitan acceder á conta persoal da súa filla falecida no ano 2012 co fin de atopar información para aclarar se existe a posibilidade de que a moza se suicidase ou se foi un desafortunado accidente. Os pais solicitaban a revisión do perfil da súa filla pero, sobre todo, ler os chats co fin de extraer información que lles axudase a esclarecer o ocorrido.

Así, o Tribunal Cameral de Berlín rexeitou a segunda instancia do veredicto ditado no ano 2015. Facebook denégalle a petición a estes pais apelando á lei de protección de datos, despois de recurrir a sentencia na que o Tribunal de Berlín lle dera a razón a esta nai.

Dende sempre, tiven a curiosidade de saber que pasa coas contas das redes sociais pero, especialmente, de Facebook cando unha persoa usuaria da mesma falece. Que se supón que ocorre con toda a información, os datos, fotos e vídeos que unha persoa que xa non está aquí ten no seu perfil? Ben, existe unha páxina, que realizou unha infografía con todos os pasos que os familiares dos falecidos deben seguir para cerralas. No caso de Facebook existen varias opcións entre as que destacan que os datos pasen dunha persoa a outra sempre que exista un mandato por lei ou sexa acordado legalmente ou reclama certos documentos para poder certificar que unha persoa é familiar ou resposable e con isto, cancelar a conta.

Dito isto e tendo en conta a noticia, que opinades sobre a protección de datos neste caso? Sería racional que Facebook lle facilitase a eses pais a información para saber as causas da morte da súa filla? Ou débese seguir respectando a privacidade de cada un?

Agardo as vosas opinións!


Noticia: http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/facebook-niega-permitir-acceso-padres-cuenta-hija-fallecida_20170531592ef7300cf279bfc3b9b44b.html

 

Comentarios

  • Ainhoa

    Hola Sandra!

    En cuanto a la pregunta sobre qué ocurre con la información en la red una vez la persona fallece o porque simplemente, ha querido alejarse del mundo digital y borrar toda huella en él, existe el derecho al olvido, que es es el derecho de una persona a que sus datos personales que se encuentran en los buscadores de la red sean eliminados, bloqueados o suprimidos.

    Pero, y relacionado con las últimas preguntas que planteas, eso sí, ha de estar justificado bien porque vulnera el derecho a la intimidad, al honor o a la propia imagen, o bien porque se considere información obsoleta o sin sentido, que ya no sirve para los fines para los que fue publicada. Por lo que, como puedes observar, es muy complicado que te concedan la eliminación de tu historial digital.  Si necesitas amplicar un poco la información, realicé al principio del cuatrimestre una entrada sobre ello ( http://stellae.usc.es/red/blog/view/162375/el-derecho-al-olvido ).

    Por eso, me parece que la protección de datos en Internet, todavía no está lo suficientemente desarrollada y legislada, al tratarse de algo actual, ya que son cuestiones planteadas desde hace realtivamente poco tiempo. 

    Por último y en cuanto al caso concreto que planteas, considero que sí deberían proporcionarles información a los padres acerca de la cuenta de su hija o sus conversaciones, ya que me parece primordial esclarecer la causa real de la muerte. 


    De la Torre, I.(11 de Junio de 2017). ¿Qué es el derecho al olvido?. Quo. Disponible en: http://www.quo.es/tecnologia/que-es-el-derecho-al-olvido 

     

  • Milagros

    Bos días Sandra!!!

    Realmente o que describiche é unha situación bastante complicada de poder resolver, xa que a privacidade dentro de Facebook téñena bastante en conta e para eles é moi importante que os seus usuarios esteñan satisfeitos coa propia páxina. Sen embargo, nun caso como este, é entendible que lle dean o permiso de poder acceder a conta da súa filla, xa que é para saber que pasou realmente con ela, mais cando hai abogados e un xuízo polo medio, polo que a cousa chega a ser seria.

    É moi difícil poder eliminar un perfil dentro de internet, xa que é unha huella que queda insertada dentro del, pero cando se trata dunha persoa que está falecida, considero que teñen que ter todo o dereito de poder eliminar as contas e gardar a privacidade e o respecto a familia.

     

  • Elena Camino Santos

    Hola Sandra!

    La verdad es que me parece realmente interesante el tema que nos has planteado. Habrá un millar de opiniones diferentes ante este tema, y todas pueden ser válidas siempre y cuando estén bien fundamentadas.

    La verdad es que se trata de un tema muy delicado, cualquier persona que goce de una mínima empatía puede sentir el dolor y la frustración que sentirán estos padres que no saben que le ha pasado con exactitud a su hija, sin duda debe de ser uno de los peores acontecimientos que una padre o una madre puede pasar.

    Ahora bien, no logro decantarme por una sola postura, por una parte entiendo el dolor de estos padres, pero por otra me parece correcto que una red social tan importante como es Facebook se tome tan en serio la privacidad de sus usuarios, ya que al menos parece que esto es así.

    Hubiera sido un tema muy interesante para debatir en una sesión expositiva.

     

  • Noelia Casal

    Boas Sandra. A verdade é que me atopo un pouco na posición de Elena, non sei cal é a dor que uns pais senten tras a morte do seu fillo, e máis se dubidan da causa da mesma, pero podo chegar a facerme unha idea do desgarrador do asunto. Porén, as bases legais de Facebook existen con un fin e igual que pedimos que se cumplan con rigor nalgúns casos, creo que neste tamén se debería facer.

    Por isto, atópome entre dúas augas. Non son quen de decantarme por ningunha das dúas opcións polo que me parece un conflito de valores moi interesante.