Aprendizaxe Invisible

Como vimos ao longo de todo este tempo, nas diferentes sesións de clase e a través dos nosos blogs, o modelo de educación tradicional precisa que sexa pensado dende novas perspectivas, e isto non implica poñerlle diante unha “e-” para facelo mellor, tampouco encher as aulas de aparellos electrónicos nin levar a cabo normas internacionais de calidade. A educación demanda moito máis, un cambio de calidade, un cambio de verdade.

Schmidt, xunto con outros autores, impulsa un modelo de educación que se rixe polos principios de:

  • Apertura.
  • Transparencia horizontal de coñecementos e inclusión.
  • Programas de formación gratuítos.

Así mesmo, afirma que todos sabemos algo e que o podemos compartir, ademais de que a mellor maneira de aprender algo é ensinando.

A educación debe responder ás necesidades, tanto da sociedade de hoxe como á do mañá, pois estamos a vivir nun mundo cambiante a cada paso que damos.

E é aquí, cando debemos falar do termo “aprendizaxe invisible”, termo do que antes nunca escoitara falar.

O aprendizaxe invisible, é unha proposta conceptual que xurde como o resultado de varios anos de investigación, e que busca integrar diversos enfoques en relación a un novo paradigma de aprendizaxe e desenvolvemento de capital humano, relevante no marco do s. XXI.

Neste enfoque ou perspectiva, téñense en conta o impacto dos avances tecnolóxicos e as transformacións da educación formal, non formal e informal. Busca explorar un panorama de opcións para a creación de futuros relevantes na educación actual, pretende propoñer unha metateoría que integre diferentes ideas e perspectivas. Entende o aprendizaxe como un continuum ao longo de toda a vida, que pode ocorrer en calquera momento e lugar.

Ademais, é concibido como unha búsqueda de mezclar formas de aprender, que integren a creatividade, a innovación, o traballo colaborativo e distribuído, laboratorios de experimentación, así como, novas formas de tradución do coñecemento. Non se suxire como resposta estándar para tódolos contextos de aprendizaxe, senón que o que busca é que estas ideas se poidan adoptar e adaptar a cada contexto.

Propón novas aplicacións das TIC para o aprendizaxe, dispoñendo dun amplo abanico de competencias, coñecementos e destrezas, para impulsar a formación de axentes do coñecemento ou para ampliar as dimensións do aprendizaxe tradicional. Enfócase en como aprendemos non no que aprendemos. É unha alternativa para ver o aprendizaxe dende outra perspectiva, de pensar nunha educación diferente.

Dende o meu punto de vista, considero que isto sería o ideal, romper con esa barreira que non nos permite ir máis alá das modalidades tradicionais de aprendizaxe, levar a cabo un novo paradigma que se adecúe aos novos contextos e aos novos educandos.

E vos que pensades, a educación estase transformando na dirección axeitada, credes que o “aprendizaxe invisible” vai deixar de ser unha mera proposta e se vai a levar a cabo?

Referencias bibliográficas:

Cobo, C. & Moravec, J.W. (2011). Aprendizaje invisible. Hacia una nueva ecología de la educación.  Barcelona: col-lecció Transmedia XXI.

 

Comentarios

  • Milagros

    Boas tardes!!!

    A educación que se está desenvolvendo hoxen en día, dende o meu punto de vista, non é a mais adecuada para todo o desenvolvemento que se está e se produxo nestes anos dentro da tecnoloxía. Isto digoi, poque dentro do ámbito educativo, os centros non están preparados para poder desenvolver unha educación adecuada e complexa coas TICs. Moitos dos profesores non están preparados para poder utilizar as diversas tecnoloxías, ou non teñen os aparatos adecuados, normalmente por falta de recursos económicos.

    Por outro lado dentro do ámbito do traballo, en casi en todas as empresas xa están totalmente desenvolvidas coas mellores tecnoloxías, polo que o seu desenvolvemento é cada día mais grande, e isto provoca que os postos de traballo disminúan, polo que aquí encontramos diversas opinións.

    Debe ser oportuno que nos preparen para uns futuros anos de un gran desenvolvemento tecnolóxico, xa que cada día seguen desenvolvéndose, polo que temos que adquirir certos aprendizaxes e coñecementos tecnolóxicos que nos axuden ao noso desenvolvemento.