A BRECHA DIXITAL

Segundo a wikipedia a Brecha Dixital fai referencia a diferenza socioeconómica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade a Internet e aquelas que non, aínda que estas desigualdades tamén se poden referir a todas as novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC). Este termo fai referencia as diferencias que hai entre os grupos segundo a súa capacidade para empregar as TIC de forma eficaz, debido aos distintos niveis de alfabetización e capacidade tecnolóxica.

Outra definicíon atopeina na páxina; labrechadigital.org,aquí definen este concepto como a separación que existe entre as persoas (comunidade, estados, países…) que empregan as TIC como unha parte rutinaria da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso as mesmas e que aínda que o teñan non saben como empregalas.

Penso que a brecha dixital, sen dúbida, é un dos problemas en todo o mundo debido a evolución dos avances da tecnoloxía e así mesmo a falta de acceso por unha gran parte da poboación. A partir destas definicións pódese dicir que a brecha dixital non é máis que o espazo que separa as persoas que utilizan as TIC de aquelas que non teñen ningún acceso a eses beneficios que lles ofrece a tecnoloxías, a cal día a día vai evolucionando. Tamén penso que non só afecta ao aspecto tecnolóxico, senón tamén ao social e económico, xa que non so se da en países pobres senón tamén existe desigualdade en países ricos.

Por exemplo nesta páxina: http://labrechadigital.org/labrecha/articulos/los-50-paises-con-mas-porcentaje-de-penetracion-en-internet.html  podemos atopar un listado cos 50 países con máis porcentaxe de penetración en Internet. Como ben amosa o artigo, só hai un país latinoamericano na lista, Arxentina, e España aparece nas últimas posicións, concretamente na 49. A min persoalmente chamoume a atención este dato, xa que non pensaba que puidese ocupar tan mala posición, ata o punto de que por 2 postos case non entra neste listaxe.

Referencias: