Conectivismo e PLE

Antes, a meirande parte do coñecemento, viña dado pola educación formal; co seu correspondente libro de texto, materia e docente. Actualmente, gracias as novas tecnoloxías, a internet e as redes socias, nós podemos decidir sobre que ampliar o noso coñecemento, e como e cando facelo.

 

Isto é posible polo gran número de páxinas web, blogs, e contidos en formato audio, video. Ademais, podemos compartir estos coñecementos mediante as redes sociais o que provoca un proceso de socialización que aceleran de forma considerable o desenvolvemento das áreas de coñecemento.

 

Polo tanto, vemos que a web 2.0 provoca entre outros, novas formas de aprendizaxe. Desta idea parte o concepto de conectivismo.

 

O conectivismo é unha teoría de aprendizaxe que supón acoller as novas tecnoloxías na educación. Así o proceso de aprendizaxe fundamentase nas conexións que somos capaces de establecer cos demais e co entorno mediante as ferramentas que nos ofrece a web 2.0.

 

Isto é PLE (Personal Learning Enviroment) entornos personais de aprendizaxe. Son sistemas que permiten os alumnos tomar o control e a xestión do seu proceso de aprendizaxe.

  • O alumno marca os seus obxetivos,

  • xestiona o proceso a seguir e os contidos,

  • comunícase con outras persoas

  • e así consigue os seus obxetivos.

Polo tanto vemos que é gratuito, persoal (adaptase as características persoais de cada estudante) e dinámico.

 

O PLE non depende da tecnoloxía, este método xa existía desde antes, sen embargo, as novas tecnoloxías favorecen e optimizan a utilización deste tipo de aprendizaxe persoal. Polo tanto, e como aclaración, cabe decir que o PLE non é unha aplicación ou ferramentas informática, senon que é unha corrente pedagóxica, un modelo de aprendizaxe.

 

Nela aparecen os seguintes elementos:

  • Ferramentas: son todos os elementos e tecnoloxías que nos permiten buscar, clasificar, e elaborar a información como twiter, blogs, páxinas web.

  • Recursos: refírese as fontes de información de todo tipo de formato, da rede, de revistas, libros, etc.

  • Rede persoal de aprendizaxe: está formada por todas as personas coas que temos contacto e coas que compartimos esta información.

 

Todo esto, xa nos resulta coñecido. Que mellor exemplo de conectivismo e PLE que a nosa Rede Social Stellae. Como recordades, creamos unha conta e seguidamente completamos ou elaboramos o noso espazo persoal. engadimos páxinas que nos interesaban a favoritos. O principio comezamos subindo blogs, archivos, e twits de forma mais xeral, e a medida que nos ibamos adentrando na materia falamos de temas máis concretos en función dos nosos gustos e preferencias, compartimos ditos coñecementos, e interiorizamos unha serie de conceptos que manexamos actualmente.

 

Aquí deixo un video que explica o anteriormente esposto.

 

 

Todo o que queirades saber sobre conectivismo e PLE atoparédelo nesta páxina.

 

http://www.scoop.it/t/conectivismo