Identidade dixital

Según Miguel Pérez Subías (2012), a identidade poderíamola definir como o conxunto de rasgos que nos caracterizan fronte os demais. A identidade dixital pon énfase naqueles rasgos do individuo que atopamos dixitalizados e que están a disposición dos demais. 

As tecnoloxías están colaborando a crear unha identidade dixital aumentada que potencia e proxecta as experencias dos individuos e que pode transmitir pensamentos, imaxes e contidos de forma instantánea a través de diferentes redes relacionais interconectadas entre sí. 

A construcción da nosa identidade dixital xa non depende unicamente do que nos fagamos ou digamos, senon que cada vez adquire maior relevancia aquelo que os demais din de mín e a información derivada de aqueles cos que me relaciono nas redes sociais. 

A xestión da identidade dixital implica que os usuarios deben ser coñecedores de como se construe e que deben participar activamente na súa construcción,  non deben ser meros observadores. A construcción da miña identidade dixital na rede implica un proceso de aprendizaxe e unha actitude participativa e colaborativa. A xestión da propia presencia na rede vaise convertir nunha necesidade que deberá abordar en breve o proceso educativo para todos os cidadáns. (Pérez Subías, 2012). 

descarga.jpg

(foto extraida: http://pintos-salgado.com/2011/02/08/hacia-la-identidad-digital

O tema a tratar neste blog está relacionado coa competencia dixital, concepto do que falamos na clase. A competencia dixital son esas actitudes, habilidades, estratexias que usamos cando se trata de tecnoloxías e medios dixitais. 

Podemos diferenciar cinco áreas importantes na competencia dixital que son: información, comunicación, creación de contido, seguridade e resolución de problemas. 

Na área de seguridade é onde poderíamos encadrar a identidade dixital, xa que esta área trata de protección de datos, persoal, da identidade dixital e un uso seguro e sostible. 

Áreas de Competencia Digital.png

(foto extraida de http://alonso-almu.blogspot.com.es/2015/05/infografia-areas-de-la-competencia_83.html)

Como observamos, e dende o meu punto de vista, coidar a nosa identidade dixital é algo moi importante, xa que pode repercutir tanto positiva como negativamente na nosa vida real. Agora co uso das tecnoloxías calquera pode estar o alcance da información que hai na rede. E como ben dí Pérez Subías, debe haber un proceso educativo para aprender a coidar a nosa identidade dixital. Saber o que si e o que non publicar, o que nos pode repercutir positiva e negativamente é importante, e é importante que haxa un proceso de aprendizaxe detrás da nosa identidade dixital. 

Porque como todos, seguramente, algunha que outra vez buscamos o noso nome e apelidos para ver a información que hai de nos na rede, e podemos atopar información moi variada. E no meu caso podo atopar sobre min, dende os meus perfís de redes sociais ata a miña participación en unha carreira cando estaba na primaria, ou a miña participación nunha competición de baile. 

Tamén me parece interesante compartir unha noticia da Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2015/01/23/audiencia-nacional-resuelve-primeros-recursos-derecho-olvido-internet/00031422035552064797912.htm)  onde se fala do dereito a ser olvidados na Internet, de poder borrar esas cousas que repercuten negativamente na nosa identidade. E penso que esta noticia podenos facer refelxionar, xa que eu penso que si deberiamos ter dereito a que se borren esas cousas, pero tamén por outro lado penso, que antes de publicalas e facer que sexan visibles para o mundo na rede debemos ter visión de futuro e pensar no que pode ser perxudicial para a nosa persoa. 

 

Webgrafía: 

Subías, M. P. (2012). Identidad digital. Identidad digital91, 55.

 

Comentarios

  • Noelia Casal

    Ola Nuria. Esta entrada paréceme realmente interesante. Teño escoitado moitas veces a importancia de ser coidadosos en todas as informacións sobre nós que se comparten nas redes sociais. Cando realizamos unha entreista de traballo estámoslle aportando ao noso futuro xefe ou á nosa futura xefa moitos datos persoais que son suficientes para facer unha búsqueda exhaustiva na Internet e, deste modo, coñecer todo o que nós deixamos visibles, a nosa identidade dixital. Dende os nosos gustos, o noso modo de vida, as persoas ás que seguimos, as nosas reflexións... Isto, coma todo, pode resultar beneficioso ou todo o contrario. Por isto, como ben dis, e verdadeiramente nunca pensara nelo, é realmente importante formar de cara a coidar a creación desa identidade dixital conseguindo que esta nos beneficie e non nos destrúa.