Sociedade do coñecemento

Según José María Sanz-Magallón(2000) podemos definir a sociedade do coñecemento como aquela na que os cidadáns dispoñen dun acceso prácticamente ilimitado e inmediato a información, e na que está, o seu procesamento e trasmisión actúan como factores decisivos en toda a actividade dos individuos, desde as suas relacións económicas ata o ocio e a vida pública. 

A sociedade do coñecemento surxe como consecuencia dos cambios que inducen na sociedade unha serie de innovacións tecnolóxicas desenvoltas en tres sectores converxentes: a informatica, as telecomunicacións (en especial Internet) e os medios de comunicación. Autores como Castells inclúen tamén a inxenería xenética. 

Unha consecuencia positiva da sociedade do coñecemento será (ou poderá ser) unha maior participación dos cidadáns na vida pública, xa que fará posible un mellor coñecemento dos asuntos públicos e da existencia de mecanismos que permitan os cidadáns manifestar a súa opinión ante determindados asuntos. 

Un dos riscos da sociedade do coñecemento é a creación dunha liña divisoria entre quen ten e os que non ten acceso o coñecemento. Esta división pode ser moito máis peligrosa e difícil de solventar que a división entre quen ten e non ten acceso aos bens de consumo. Un hiato que non ten porque coincidir necesariamente coa distribución que estamos acostumados, podense crear "guetos de información" en todas as cidades e paises. Os gobernos e a sociedade en conxunto deben loitar por facilitar a todos o acceso a inforamción e a educación acerca do seu emprego. 

sociedad del conocimiento.png

(foto extraida http://profetic-tierra.blogspot.com.es/2015/09/tema-1-la-sociedad-del-conocimiento.html)

Dende o meu punto de vista e despois de leer a información recollida sobre a sociedade do coñecemento, estou moi dacordo co risco que presenta. Penso que non todo o mundo ten o mesmo acceso a inforamción por diversos motivos, xa sexan económicos e non poden optar a medios nos que acceder a información, ou tamén por non saber utilizar ese medio de maneira adecuada, porque nunca recibiu unha educación sobre iso. 

 

O concepto de sociedade do coñecemento tamén o falamos na clase. E quería facer fincapé nunha das preguntas que saleu ese día, que é se o coñecemento debe ser aberto ou cerrado? 

Según o Banco Interamericano de Desarrollo (BID) o coñecemento aberto é toda aquela información, creada por persoas e institucións, que é difundida de forma proactiva nun formato accesible, interoperable e reutilizable. En terminos xerais, tratase de coñecemento que se convirte nun ben público, ao cal podes acceder para reutilizalo e compartilo. 

Para aclarar, o coñecemento cerrado é o concepto contrario ao que acabamos de definir arriba. Coñecemento privado, o cal normalmente non pode ser reutilizado. 

Eu penso que nestes momentos, e na sociedade que vivimos, mencionada neste blog arriba de todo, a sociedade do coñecemento, donde reina a información, o que se debe promover e o que debería haber sería un coñecemento aberto. Coñecemento que sexa accesible para todos, que se poida reutilizar. Porque senon dame a sensación de que sería un pouco contradictorio, que esteamos na sociedade do coñecemento pero que ese coñecemento sexa pechado, que non se poida acceder de maneira libre a el, nin que se poida reutilizar. 

candado-abierto-y-cerrado-51755203.jpg

(foto extraida https://es.dreamstime.com/stock-de-ilustraci%C3%B3n-candado-abierto-y-cerrado-image51755203)

 

 

Webgrafía

 

http://www.nuevarevista.net/articulos/que-es-la-sociedad-del-conocimiento

http://www.mundoescolar.org/educacion/que-es-el-conocimiento-abierto-y-como-lo-podemos-usar