Modelos TPACK e SAMR

Como explicaba nas miñas anteriores entradas, existen diferentes modelos de integración das TICs no ámbito académico. Tras continuar investigando acerca desta necesidade actual cheguei a dous modelos precisos que explican como debería ser o proceso de integración das novas tecnoloxías na aula a partir dun proceso concreto.

Por unha parte, atopamos o modelo TPACK. Este foi definido por Punya Mishra e Matthew J. Koehler no ano 2006. Mishra e Koehler afirman que é necesario interrelacionar o contido (saber que), o compoñente pedagóxico (saber como, con que e onde) e o compoñente tecnolóxico da educación. Deste xeito, para conseguir unha integración racional e con sentido para o proceso de ensino-aprendizaxe deben tomarse tres decisións e estas deben seguir a seguinte orde:

  1. Decisión disciplinar: durante esta primeira fase débese proceder á deifinicón do tema e dos contidos obxecto de aprendizaxe; débese ter claro que é aquilo que pretendemos ensinar
  2. Decisión pedagóxica: é necesario aclarar como se van a tratar os contidos;  por exemplo, hai que escoller os tipos de actividades que se pretenden desenvolver, o rol que terá o docente durante as mesmas e tamén o do discente e as estratexias de avaliación
  3. Decisión tecnolóxica: neste punto, hai que ter en conta as necesidades pedagóxicas para escoller as estratexias tecnolóxicas. Debemos facernos preguntas como... Que recursos TICs enriquecen a proposta escollida? Como se van a utilizar estes recursos?

​Ademais destas tres decisións, o modelo TPACK tamén contempla a influencia do contexto no que se desenvolvan as actividades xa que este influirá directamente nos diferentes tipos de coñecemento.

​Por outra parte encóntrase o modelo SAMR. Este modelo foi definido por Rubén  R. Puentedura para lograr diseñar clases nas que mediante a incorporación da tecnoloxía se logre unha transformación da aprendizaxe dos alumnos e as alumnas. As siglas SAMR responden á inicial das etapas que conforman este proceso: substitución, aumento, modificación e redefinición.

  1. ​Substitución: deberase iniciar substituíndo a actividade indicada por outra igual pero que incorpore a utilización dun aparello electrónico
  2. Aumento: a continuación, aumentaráselle á actividade unha tarefa que non se puidese realizar de non ser polo uso dese aparello electrónico escollido na fase anterior
  3. Modificación: rediseñanse as tarefas previamente establecidas para adaptalas ao novo medio
  4. Redefinición: mediante as TICs chegamos a construír unha nova actividade de aprendizaxe antes inconcebible, podendo conseguir logros que coa actividade inicial non conseguriamos

Os dous primeiros pasos responden a como facer máis eficiente o uso da tecnoloxía nas actividades e os dous seguintes céntranse en transformar a actividade inicial noutra que non sería posible de non ser por ter as novas tecnoloxías á nosa disposición.

Persoalmente, era coñecedora do modelo TPACK xa que un día, durante a miña estadía no CEIP no que realicei as prácticas, na sala de profesoras, unha delas, que impartía clase de inglés, buscaba información sobre este namentras lle comentaba ás compañeiras as súas necesidades de formación en torno ao uso das novas tecnoloxías na aula. Pola contra, non tiña información sobre os demais modelos existentes e creo que son unha boa ferramenta de base á hora de planificar unha actividade docente, e tamén noutros ámbitos, na que as TICs estean presentes e pode acadar así todos os beneficios que son quen de proporcionarnos.

Erades vós coñecedoras destes modelos antes da materia? Considerádelos unha boa ferramenta?

 


Castañeda, L. (31, 12, 2014). TPACK Tecnological Pedagogical Content Knowledge. [Vídeo]. Recuperado de:

              

Cristina, V., Fernández, M. e Montaño, N.E. (2013). Modelo para a ensinanza en ciencias, tecnoloxía e saúde en entornos virtuais. Caderno da Escola de Saúde Pública, xuño-decembro 2013 (86), 93-105. Recuperado de: https://www.researchgate.net/profile/Vanessa_Miguel/publication/261061046_MODELO_PARA_LA_ENSENANZA_EN_CIENCIAS_TECNOLOGIA_Y_SALUD_EN_ENTORNOS_VIRTUALES/links/00b7d53318aa0782d3000000.pdf