BLENDED LEARNING – APRENDIZAXE SEMIPRESENCIAL

Aprendizaxe Semipresencial

 

Nunha das miñas entradas falei sobre o E-learning, cales eran as súas vantaxes e desvantaxes, así como a súa situación na nosa comunidade. Hoxe vou falar do B-learning unha modalidade que garda similitudes coa anterior.

Para a wikipedia o blended learning ou b-learning consiste nun proceso docente semipresencial, isto significa que un curso ditado neste formato incluirá tanto clases presenciais como actividades de e-learning.

A través dun documento da páxina do Observatorio Tecnolóxico do Ministerio de Educación puiden rescatar algunha información sobre esta modalidade de ensinanza. Así, este modelo de formación fai uso das vantaxes da formación 100% on-line e a formación presencial, combinándoas nun só tipo de formación que axiliza a labor tanto do formador como do alumnado. O deseño instruccional do programa académico para o que se decidiu adoptar unha modalidade b-learning deberá incluír tanto actividades on-line como presenciais, pedagóxicamente estruturadas, de mofo que se facilita acadar a aprendizaxe buscada e se asegure o logro das competencias dos alumnos.

En definitiva pódese dicir que se trata dun proceso de ensinanza mixta, que emprega plataformas virtuais de ensinanza na aula, mesturando así a ensinanza presencial e as novas tecnoloxías.

Ao falar dun modelo de aprendizaxe sempre saen a relucir as súas vantaxes e inconveniente. Nesta modalidade existen unha serie de vantaxes como poden ser as seguintes:

  • O docente pode empregar o material didáctico dispoñible en Internet tanto para as súas clases presencias como para a labor que realiza en liña.

  • Existe flexibilidade na disposición do tempo dos estudantes como dos docentes, pois non é preciso que todos os involucrados no proceso coincidan no tempo para levar a cabo a parte en liña do proceso.

  • Non se perde a interacción física, pois as sesións presenciais motivan o establecemento de vínculos entre os participantes.

En canto as desvantaxes, podemos destacar algunhas como:

  • A brecha entre as xeración que son potenciais estudantes e docentes do Blended learning dificulta que todos participen neste tipo de aprendizaxe; pois parte da poboación non está suficientemente familiarizada coa tecnoloxía.

  • Algúns estudantes non contan co equipo necesario ou as conexións axeitadas para estudar deste xeito.

  • Adoita enfatizarse máis o uso da tecnoloxía que o contido, se isto ocorre o obxectivo da aprendizaxe non se cumpre axeitadametne.

Unha vez recollida esta información onde me aclara que é o b-learning e cales poden ser as súas vantaxes e inconvenientes á hora de levalo a cabo como modelo de ensinanza, vou falar sobre un pequeno arquivo “selección de atributos predictivos del rendimiento académico de estudiantes en un modelo de b-learning”. Neste traballo aplícanse técnicas de minería de datos para identificar aqueles indicadores que poidan ter maior valor predictivo, á hora de medir o rendemento dos estudantes, no contexto dunha materia de grao que combina actividades docentes presenciais con actividades soportadas en aplicacións de teleformación.

Unha das conclusións destacadas para min neste estudo fai referencia as valoracións que os estudantes lle dan as actividades presenciais e non presenciais. Obsérvase que nos indicadores presenciais teñen en xeral un maior poder predictivo á hora de analizar o éxito do estudante na materia. De feito, no ranking, as actividades presenciais teñen un valor medio de 37,8 fronte ao 16,1 do valor das actividades non presenciais.

Das análises realizadas neste traballo despréndese que as actividades de avaliación a distancia non son sempre axeitadas para predicir o nivel de adquisición de competencias por parte dos estudantes. Parece ser que a avaliación debe ter compoñentes presenciais, que combinadas con actividades non presenciais e un seguimento dos niveis de participación dos estudantes en foros, poidan servir para que o profesor obteña unha imaxe fiel da evolución e éxito nos seus estudos docentes.

Dende o meu punto de vista, o b-learning pode ser positivo para o alumno/a, sempre e cando este saiba xestionar a súa aprendizaxe e tamén sexa responsable da mesma. Persoalmente nesta materia estamos a experimentar unha forma de aprender diferente e novidosa para moitos de nos. Aquí, facemos unha combinación entre o traballo na clase e o traballo on-line, na nosa casa, desde a miña experiencia, podo dicir que o interese e a responsabilidade é un punto moi importante para que o blended learning sexa produtivo no estudante. Por exemplo, ao principio, o meu traballo, on-line, con esta materia non era o axeitado, non traballaba o suficiente e non adquiría esa aprendizaxe que se me demandaba, pero finalmente, nesta segunda etapa estou máis implicada e ademais de ser máis constante tamén indago, e traballo os temas dados nas clases presenciais. Co cal a miña aprendizaxe evolucionou con respecto a principio de curso.

Con isto quero dicir, e en relación ao estudo anterior, que, na miña opinión, esta aprendizaxe non é fructífera cando o estudante non se implica o suficiente, se o fai, pode obter bos resultados e adquirir todas as competencias que se lle demandan.

 

 

Referencias: