Integración das TIC na aula

A integración das TIC nas aulas facillita a creación de espazo de aprendizaxe compartidos, que permiten un maior traballo colaborativo, superando así as barreiras de tempo e espazo e facilitando o intercambio de información de maneira rápida e sinxela. Esto permite acceder a recursos educativos altamente tecnoloxizados e impensables fai tan so uns anos. As TIC asimesmo facilitan traballar na aula desde unha perspectiva educativa de tipo constructivista, an que o alumno se situa no centro do aprendizaxe. 

O constructivismo concibe o alumno como un axente activo, que construe o seu propio coñecemento mediante un proceso de aprendizaxe colaborativo, contextualizado e flexible. A impelementación de diferentes ferramentas tecnolóxicas permitirían a creación de espazos de comunicaicón e colaboración que facilitarian este tipo de aprendizaxe.

As novas implicacións do profesorado cambian e pasan por unha nova maneira de organizar e de entender a enseñanza e o aprendizaxe. É necesario un itpo de profesor que poda actuar como guía e como facilitador do aprendizaxe do alumno. E este precisamente o cambio máis importante do papel docente, e é necesario aceptalo como un reto apasionante. Este rol lonxe de perder peso pode salir reforzado neste proceso de cambio. (Molas Castell e Roselló). 

descarga (1).jpg

Comparto totalmente o que din estas duas autoras. Penso que a introducción da tecnoloxía nas aulas facilita a aprendizaxe, e sobre todo facilita unha aprendizaxe autónoma, na que cada persoa constrúe o seu propio coñecemento. E penso que isto é algo moi bo para o alumno porque así aprende por si só a buscar coñecemento, ainda que o profesor esté presente e claramente teña un rol moi importante, xa que é o docente quen debe axudar, guiar para que a aprendizaxe do alumno sexa mellor. 

No noso día a día, nas clases hai en certas asignaturas que nos deixan construir a nos o noso propio coñecmento, simplemente dandonos pequenas pautas os docente como por exemplo é o caso desta asignatura, donde as docentes non daban certas pautas e conceptos na clase, pero despois eramos nos quen a través do blog construíamos e compartiamos o coñecemento que íamos construíndo. 

Ainda que na maioria das clases seguía, segue e seguirá habendo unha aprendizaxe chamada comúnmente "tradicioanal" donde é o profesor o que nos achega todo o coñecemento que debemos adquirir, e non o adquirimos nos de forma autónoma.