Presentación Conexión Interxeracional

Como puidestes ver, na miña anterior entrada compartín o proxecto que realicei que se denomina Conexión Interxeracional. Agora quero compartir con vós o vídeo que realicei en relación ao mesmo.

Os meus coñecementos e as miñas habilidades para realizar este tipo de creacións son bastante básicas, pero este é o resultado.

Espero que vos guste. Agardo as vosas opinións!

Comentarios

  • Nuria

    Hola Noelia! 

    Despois de ver o teu video, penso que é unha moi boa proposta de proxecto! 

    Comparto a visión da importancia que ten a relación interxeracional, penso que pode ser moi productiva tanto para os pequenos como para os maiores! Ademáis se por medio introducimos a tecnoloxía, que nos últimos anos gañou unha gran importancia na sociedade, xa é perfecto! 

    Ademais penso que estas actividades están moi ben tanto para ensinarlle os maiores a como utilizar as tecnoloxías, xa que a maioria deles, ainda que teñan acceso a elas, non saben como usalas, e tamén para que os mais novos aprendan a darlle un uso adecuado as mesmas.  

    Tamén con estas actividades, dende o meu punto de vista, se pode fomentar a cooperación entre as diferentes xeracións, e así que uns se axuden aos outros! 

    Despois de ver o video, veume a cabeza unha publicación que non fixen fai moito, sobre a brecha dixital, e penso que estas actividades serían un bo inicio de como reducila. 

    Un saúdo.