Innovación

Os procesos de innovación respecto da utilización das Tic na docencia universitaria soen partir das dispoñibilidades e solucións tecnolóxicas existentes. 

Hai que ter presetne que estamos ante un proceso con múltiples facetas: nel interveñen factores políticos, económicos, ideolóxicos, culturais e psicolóxicos, e afecta a diferentes planos contextuais. O exito ou o fracaso das inovacións educativas depende da forma na que os diferentes acores educativos interpretan, redefinen, filtran e dan forma os cambios propostos. As inovacións en educación teñen ante si como principal reto os procesos de adopción por parte das persoas, grupos e institucións. 

A incorporación de novos materiaiss, novos comportamento e prácticas de enseñanza e novas creencias e concepcións, etc. son cambio que estan relaiconados, dacordo con Fullan e Stiegelbauer (1991), cos procesos de innovación en canto a melloras nos procesos de enseñanza-aprendizaxe. Para estes autores, o uso de novos materiais e a introducción de plantexamentos curriculares innovadores ou das últimas tecnoloxías solo é a punta do iceberg: as dificultades están relacionadas co desenvolvemento por parte dos profesoresde novas destrezas, comportamentos, prácticas asociadas ao cambio, asi como a adquisición de novas creencias e concepcións vinculadas ao mesmo. 

A innovación, se está próxima a práctica, está relacionda con todo o proceso, con perspectivas de globalidade, e implica cambios no curriculum, nas formas de ver e pensar as disciplinas, nas estratexias desplegadas, na forma de organizar e vincular cada disciplica con outra, etc. A aplicación das TIC en acción de formación baixo a concepción de ensinanza flexible abre diversos frentes de cambio e renovación a considerar: 

  • Cambios nas concepcións de como funciona a aula, definición de procesos didácticos, identidade do docente...
  • Cambios nos recursos básicos: contidos, infrastructuras, uso aberto destes recursos.
  • Cambios nas prácticas dos profesores e alumnos. (Salinas, 2004)

 

images.jpg

Penso que as TIC foron unha gran innovación na educación en xeral, e que a pesar de todos estes cambios que se producen como os cambios nas concepcións ou nos recursos básicos, son cambios positivos e que axudan a avanzar. Ademais non sería producente que houbese innovación sen cambios, porque se todo seguira como sempre sin sufrir ningún cambio, as innovacións non lograrían os seus obxectivos. 

Tanto o rol do profesor como o do alumno sufren cambios, sen deixar a tras a metodoloxía e a institución. Non se pode ver todo da mesma maneira que se via antes, senon non se avanzaría.

 

 

Bibliografía: 

Salinas, J. (2004). Innovación docente y uso de las TIC en la enseñanza universitaria. RUSC. Universities and Knowledge Society Journal1(1).